A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Chega Ubac®, a nova vacina fronte á mastite bovina causada por ‘Streptococcus Uberis’

Hipra vén de presentar ante veterinarios de toda España o novo lanzamento, que representa un fito no combate da mamite en vacún

Chega Ubac®, a nova vacina fronte á mastite bovina causada por ‘Streptococcus Uberis’

Presentación da nova vacina en Santiago,no Hostal dos Reis Católicos.

Ubac®, a primeira vacina específica fronte á mastite causada por ‘Streptococcus Uberis, representa un antes e un despois na loita contra a mamite en vacún. Con esta nova ferramenta, Hipra evidencia a súa perserverancia por crear solucións de calidade para miles de veterinarios que se enfrontan á patoloxía no seu día a día.

O lanzamento mundial de UBAC® desenvolveuse no mes de xuño no International Bovine Mastite Conference de Milán (Italia) e nesta última semana desenvolvéronse tres actos de presentación ante veterinarios de toda España. A nova vacina supón un paso máis na prevención da mamite, continuando na liña iniciada por Hipra hai 10 anos con STARTVAC®, unha vacina que reduce a incidencia de mamites provocadas por ‘Staphylococcus aureus’, coliformes e esta­lococos coagulasa negativos.

Presentación en Santiago.

Presentación en Santiago.

Servizo de diagnóstico
A especialización de Hipra no combate da mastite bovina ten varios motivos, pero un dos elementos clave é o servizo do laboratorio en diagnóstico para clientes, denominado Uddercheck. Este servizo, que lle achega un alto valor ao profesional veterinario, permite detectar os principais patóxenos causantes da enfermidade e valorar a súa evolución nas explotacións.

Na presentación de Ubac® realizada en Madrid a pasada semana, o xefe de Servizos Técnicos de Rumiantes de Hipra España, Pere Ordís, presentou o ‘Estudo de prevalencia de patóxenos mamarios usando Uddercheck’, un traballo no que se constata que os patóxenos ambientais son un problema cada vez máis frecuente nas explotacións.

A presentación de Ubac® en Madrid, no emblemático edificio ABC, completouse con outros dous actos, un en Santiago, no Hostal dos Reis Católicos, e outro en Cataluña, no Serrat do Figaró. Nestas presentacións, a explicación da nova vacina correu a cargo de Pere Ordís e de Daniel Zalduendo, ‘Brand Manager’ da Unidade de mastite de Hipra, que detallaron os motivos que levaron a Hipra a impulsar este proxecto.

Acto de lanzamento de 'Ubac' en Madrid.

Acto de lanzamento de ‘Ubac’ en Madrid.

Redución do uso de antibióticos
A nova vacina Ubac® é un reflexo da aposta de Hipra para continuar reducindo o uso de antibióticos nas granxas, á vez que se diminúen tamén as perdas de calidade e produción de leite.

Os asistentes ás presentacións puideron coñecer de primeira man a problemática do ‘Streptococus uberis’ a nivel mundial, contada por Rafael Ortega, reputado experto en calidade de leite que desde fai cinco anos asesora ás principais explotacións de Brasil.

Belén Pombo, veterinaria no Laboratorio Interprofesional de Galicia (Ligal), e Anna Jubert, directora técnica e xerente de ALLIC, ofreceron unha perspectiva das prevalencias a nivel local en Galicia e Cataluña.

Pola súa banda, Margarita Barreto e Iván Mato, técnicos especialistas en rumiantes de Hipra España, explicaron a xénese de Ubac® e o seu desenvolvemento ao longo destes 10 anos, así como o seu funcionamento, beneficios e resultados de campo.

Presentación en Cataluña.

Presentación en Cataluña.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información