Catro concellos estrean ‘pasos de vaca’ como acto simbólico a prol do sector lácteo

A iniciativa, promovida por Casa Grande de Xanceda, desenvolveuse nos concellos da Baña, Mazaricos, Santa Comba e Mesía, catro dos principais en Galicia en produción de leite

Catro concellos estrean ‘pasos de vaca’ como acto simbólico a prol do sector lácteo

Paso de vaca habilitado en Mesía, en Casa Grande de Xanceda.

Os concellos de A Baña, Mazaricos, Santa Comba e Mesía, todos eles na provincia da Coruña, puxeron en marcha cadanseu ‘paso de vaca’, unha iniciativa simbólica promovida por Casa Grande de Xanceda para chamar a atención sobre a importancia da vaca e do sector lácteo en Galicia. A posta en marcha dos catro novos pasos de vaca, conformados por manchas brancas que simulan a pel dunha vaca frisona, continúa así a acción desenvolvida o pasado ano no centro da Coruña, coa posta en marcha dun paso de vaca temporal nunha das principais rúas da cidade.

A creación dos novos pasos de vaca celebrouse nun acto conxunto en Mesía, con participación dos catro alcaldes que colaboraron na iniciativa, todos eles representando a algúns dos principais concellos galegos en produción de leite, caso de Mazaricos (número 1), Santa Comba (5) ou A Baña, que ten a parroquia con máis vacas por metro cadrado de Galicia.

Desde Casa Grande de Xanceda sinalan que o paso de vaca se concibe como unha iniciativa de marketing que busca implicar ós consumidores na escolla de produtos locais, “que son os que axudan a manter vivo o noso rural”, conclúen.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información