Catálogo das vacas de raza Frisona que se poxarán o domingo en Boimorto

Catálogo das vacas de raza Frisona que se poxarán o domingo en Boimorto

Africor Coruña organiza este vindeiro domingo, 26 de marzo, en Boimorto (A Coruña) a IV Poxa de Animais de Raza Frisona. A subasta celébrase dentro de Magreco 2017, a feira de maquinaria agricola e forestal, produtos ecolóxicos e artesanía.

A poxa comezará ás 12 da mañá e nela participarán animais procedentes de sete ganderías da provincia da Coruña: Castro Segade e Rial de Loureiros, de Arzúa; Coitos e Granxa Hurdeiro, de Toques; Sat Ilma, de Boimorto; Sat O Ferreiro, de Arzúa, e Gandería Vaamonde, tamén de Arzúa.

O catálogo dos 16 animais que se poxaran pode verse nesta ligazón.

Ao remate da poxa haberá un sorteo dunha becerra de raza frisona entre os compradores e o público asistente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información