Casa-Nova Sony Mccutchen, Xovenca Gran Campioa nos concursos Autonómico e Internacional da Raza Frisoa

O animal pertence á gandería Carro, de Mesía (A Coruña). Mañá sábado decídense as vacas gran campioas e as mellores explotación de Cimag-GandAgro 2017

Casa-Nova Sony Mccutchen, Xovenca Gran Campioa nos concursos Autonómico e Internacional da Raza Frisoa

Casa-Nova Sony Mccutchen 1019, de Gandería Carro, de Mesía (A Coruña), foi a Xovenca Gran Campioa Internacional no XXXIV Open Internacional da Raza Frisona

Casa-Nova Sony Mccutchen 1019, de Gandería Carro, de Mesía (A Coruña), foi a Xovenca Gran Campioa Internacional no XXXIV Open Internacional da Raza Frisona que está a ter lugar na II Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2017, a cal se celebra ata mañá na Feira Internacional de Galicia ABANCA. Este galardón está patrocinado pola firma de seguros Ucoga.

A Reserva Gran Campioa neste concurso foi Cudaña Amore Beemer, da gandería Dovanea, de Valdáliga (Cantabria).

En canto ao XXVI Concurso Autonómico da Raza Frisona, a Xovenca Gran Campioa de Galicia, cuxo galardón está patrocinado por Xenética Fontao, foi tamén Casa-Nova Sony Mccutchen 1019, mentres que a Reserva Gran Campioa foi Blanco 0247 África, da gandería Blanco, de Lalín (Pontevedra).

Estes concursos morfolóxicos Autonómico e Internacional, organizados pola Federación Frisona Galega (Fefriga) en colaboración coa Fundación Semana Verde de Galicia, continuarán no marco da feira mañá sábado, cando xa se coñecerán as Vacas Gran Campioas e as Mellores Ganderías de ambos concursos.

reserva novilla gran campeona internacional 39 Open Internacional Gandagro 2017

Cudaña Amore Beemer, reserva xovenca gran Campioa Internacional

mención de honor novilla gran campeona 39 Open Gandagro 2017 ganadería BLANCO

Mención de honra xovenca gran campioa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información