A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Capsa incrementa un 11,8% os seus beneficios

A compañía asturiana conta cunha cota de mercado de leite líquido do 13,2% en España, en tanto que en manteiga sitúase no 21,3%. A exportación a outros países representa o 7% das súas cifras de negocio

Capsa incrementa un 11,8% os seus beneficios

Planta de Larsa (Capsa) en Outeiro de Rei (Lugo).

A xunta xeral de accionistas de Corporación Alimentaria Peñasanta (Capsa), a firma asturiana propietaria das marcas Central Lechera Asturiana (Clas) e Larsa, aprobou as contas correspondentes ó ano 2017, no que a compañía logrou un beneficio neto de 15,2 millóns de euros, o que supón un 11,7% máis que no exercicio anterior, segundo a nota de prensa remitida onte por Capsa.

A cifra de negocio da sociedade no último ano foi de 695 millóns de euros, cun incremento do 7,7% (50 millóns de euros). Capsa considera que a posta en marcha do Plan Estratéxico 2013-2019 foi clave na evolución que presenta a compañía. A corporación lembra que no 2012 sufriu un déficit dun millón de euros, que nos seguintes anos se transformou nunha liña crecente de beneficios. “Factores como o incremento das vendas e unha xestión eficiente, con optimización de custos e diversificación de negocio e mercados, foron fundamentais para explicar este crecemento”, valora Capsa.

Durante o 2017, Capsa recolleu 914,6 millóns de litros de leite, o que representa un aumento do 2%, e mantén en España unha cota de mercado en leite líquido do 13,2%, en tanto que en nata está no 12,5% e en manteiga no 21,3%. As vendas internacionais de Capsa representan un volume de negocio de 50 millóns de euros -un 7% das súas cifras de negocio-, estando presente en países como Guinea Bissau, Qatar, México, Chile ou Panamá. A empresa tamén mantén unha sección de negocio de ingredientes industriais, Innova Food Ingredients, que medrou un 25% en relación a 2016.

Evolución de beneficios de Capsa.

Evolución de beneficios de Capsa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *