¿Cando é necesario volver sementar o millo?

Os ataques dos xabaríns, o verme do arame ou a climatoloxía poden provocar problemas de xerminación do millo. ¿Cando deberiamos resementar? Albert Porte Laborde, experto internacional neste cultivo, explicouno nas III Xornadas do Rural Galego desde Curtis

¿Cando é necesario volver sementar o millo?

Millo atacado polo verme do arame

O cultivo do millo forraxeiro está amplamente estendido nas gandarías de vacún de leite. Sen embargo, o seu alto custo de sementeira, ao redor dos 1.600 euros por hectárea, aconsella avaliar previamente se o seu cultivo é rendible en cada parcela.

E é que por baixo dun rendemento de 30 toneladas de materia húmida por hectárea non sería rendible sementar millo forraxeiro, porque o seu custo sería superior a comprar silo de millo -cun prezo que rolda entre os 50 e os 54 euros a tonelada- ou fariña de millo. Dedicar esas parcelas a herba ou a outro cultivo menos esixente (xirasol ou unha combinación de xirasol con sorgo) podería ser unha alternativa máis rendible para a gandaría.

Unha vez sementado, problemas de xerminación por ataques de pragas ou por exceso de frío e humidade, así como por ataques dos xabaríns poden reducir notablemente as previsións de colleita e a súa rendibilidade.

Nesta situación, ¿ando se debería optar por resementar?. Para responder a esta pregunta Albert Porte-Laborde, experto internacional neste cultivo, participou este ano nas III Xornadas do Rural Galego desde Curtis, organizadas por este concello coruñés.

Como punto de partida, este reputado experto francés no cultivo de millo lembrou que as densidades de sementeira medias están nuns 90.000 grans por hectárea, aínda que pode variar esta densidade segundo a precocidade da variedade (canto maior sexa o ciclo menor será a densidade), como do rendemento estimado (máis ou menos de 15 toneladas de materia seca por hectárea). Así se reflicte no seguinte cadro:

millo_resembra_1

¿Cando debemos resementar?

Porén, se a xerminación de grans se reduce considerablemente por distintos motivos (climatoloxía, vermes do arame, ataques de xabaríns…etc) aconséllase resementar. ¿Cando deberiamos facelo? Albert Porte Laborde explícao nesta gráfica:

millo_resembra_2

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información