A calidade dos silos de millo da colleita 2016 supera as previsións

Os datos do Laboratorio de Mouriscade mostran que o almidón situouse nunha media do 30,2 % e a porcentaxe de materia seca no 32,1%. A seca da campaña 2016 facía presaxiar uns resultados peores

A calidade dos silos de millo da colleita 2016 supera as previsións

Ensilando o millo na campaña 2016

A calidade dos silos de millo forraxeiro en Galicia da pasada colleita 2016 alcanzaron unhas porcentaxes de almidón e de materia seca mellores dos previstos, para un ano no que a seca reduciu os rendementos ata nun 25% respecto da media.

Así, o demostran os datos do Laboratorio de Mouriscade, o referente na comunidade en análise de forraxes, que se presentaron o pasado venres na feira GandAgro de Silleda, nunhas xornadas organizadas pola cooperativa Delagro.

Analítcas dos silos de millo forraxeiro en 2016: 

MOURISCADE_MILLO_04

Evolución das calidades dos silos de millo en Galicia: 

MOURISCADE_MILLO_03

Fonte: Laboratorio de Mouriscade

En concreto, as 9.430 mostras analizadas por Mouriscade revelan que os silos de millo de Galicia da colleita de 2016 teñen unha porcentaxe de Materia Seca do 32,1%, do 6,8% de Proteína Bruta e do 30,2% de almidón, o parámetro máis indicativo do valor enerxético do silo de millo. Estes datos supoñen unha caída dunha décima en valor proteico e de 2,3 puntos en almidón respecto ao ano 2015.

En concreto, os datos do Laboratorio de Mouriscade reflicten a seguinte evolución interanual das calidades dos silos de millo en Galicia:

Para María Hermida Ferro, directora do Laboratorio de Mouriscade, estes datos son “aceptables” e mellores do previsto para un ano que se presentou como malo para o cultivo de millo en Galicia.

“Nótase que o gandeiro é cada vez máis consciente do valor que achega baixar a porcentaxe de materia seca e aumentar o de almidón no silo de millo forraxeiro”, destaca a directora de Mouriscade. Algo que contrasta coa evolución da calidade nutricional dos ensilados de herba, que desde o 2006 foi descendendo tanto en materia seca como, sobre todo, en proteína bruta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información