Calendario de mobilizacións do sector lácteo

As organizacións agrarias inician este luns 30 as protestas ante as cadeas de distribución

Calendario de mobilizacións do sector lácteo

O sector anuncia que volverá levar os tractores ante a Xunta. / Arquivo.

Dous meses despois de asinado o acordo lácteo, os prezos do leite no campo continúan sen subas. As cadeas de supermercados, sen embargo, si aumentaron o prezo das súas marcas brancas nos lineais, unha situación que o sector entende que require dunha explicación.

Durante a próxima semana, as organizacións que integran a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo desenvolverán actos simbólicos de protesta ante áreas comerciais de Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo e Lugo.

De non acadarse melloras nos próximos días, o sector anuncia tractoradas indefinidas en Santiago, ante a Xunta, e na Coruña, ante a delegación do Goberno.

Os actos previstos para a próxima semana pola Plataforma son os seguintes:

– Luns 30 de novembro. Santiago.
Comparecencia pública na Casa do Concello (12 horas), acompañados do alcalde de Santiago, Martiño Noriega; e reparto de de información no centro comercial As Cancelas (12.45 h.).

– Martes 1 de decembro. A Coruña.
Reparto de información ante o Alcampo (avenida Alfonso Molina), 12 horas.

– Mércores 2 de decembro. Lugo
Reparto de información no centro comercial As Termas (12 horas).

– Xoves, 3 de decembro. Pontevedra.
Rolda de prensa na Casa do Concello, xunto co alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores (12 horas) e reparto de información ante o supermercado Dia (Santa Clara).

– Venres, 4 de decembro. Ferrol.
Reparto de información no polígono das Gándaras (12 horas).

– Sábado, 5 de decembro. Vigo
Reparto de información no centro comercial Gran Vía (12 horas).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información