A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Behi Alde, así se está dixitalizando con ‘Uniform-Repro’ a maior gandería do País Vasco

Visitamos Behi Alde Cooperativa, a maior explotación láctea do País Vasco, e entrevistamos a Gorka Berrio, un dos 17 socios da gandería

Behi Alde, así se está dixitalizando con ‘Uniform-Repro’ a maior gandería do País Vasco

Imaxe do interior dunha das naves de Behi Alde.

En Uniform-Agri visitamos recentemente a un dos nosos novos clientes, a cooperativa Behi Alde, membro do grupo Erkop. É unha gandería situada en Olaeta (Álava), fundada a finais dos anos 70 e que actualmente é a explotación máis grande do País Vasco, con máis dun milleiro de cabezas entre vacas adultas e recría, e cunha produción de máis de 5 millóns de litros ao ano.

Falamos con Gorka Berrio, un dos 17 socios da gandería, sobre o proceso de dixitalización que están acometendo. En Behi Alde levan utilizando o programa Uniform-Repro Pro desde comezos de outubro deste ano. O programa está instalado só nunha nave polo momento, porque están en proceso de adecuación das redes e os equipos para poder instalalo nas outras dúas naves. Mentres tanto, utilizan a aplicación móbil de Uniform.

“Uniform permítenos unha xestión completa do rabaño cun só programa”

Cóntanos, Gorka, cal foi o motivo de introducir ‘Uniform-Repro’ na vosa gandería?
– O programa que utilizabamos antes quedouse anticuado. Ademais, a asociación de control leiteiro de Álava vaise incorporar ao sistema Geslib nun futuro próximo e queriamos estar preparados para o cambio. Con Uniform pódense intercambiar datos de forma moi sinxela, tanto enviar os datos que necesitan na asociación como incorporar os resultados dos controis mensuais.

Vacas de Behi Alde nos pastos.

Vacas de Behi Alde nos pastos.

Desde que traballades con Uniform-Repro, que cambios houbo na rutina diaria?
– Antes introduciamos só datos reprodutivos do rabaño, agora podemos introducir máis información. Podemos levar control dos tratamentos e antibióticos que utilizamos, imos participar no proxecto I-SA de prevalencia de enfermidades, creado por CONAFE… En definitiva, é unha xestión máis completa desde un mesmo sitio (o programa).

Entón, consideras que o programa facilita a xestión da explotación?
– Si, ao informatizar todos os datos, a información é máis homoxénea e para nós é tamén máis cómodo para localizar o que queiramos consultar, as análises e valoracións son fáciles de entender. Ademais, coa aplicación móbil gañamos moito, ao ter as naves separadas, xa non temos que andar dun lado a outro para consultar a ficha dun animal, levámolas no peto!

Como adoitades introducir datos?
– Para rexistrar datos utilizamos, por agora, só o computador. Son eu o encargado de introducir datos, levamos pouco tempo co programa e aínda estamos en fase de aprendizaxe no equipo. Aínda que se poden rexistrar datos desde o móbil, por organización nosa, dos traballadores, preferimos facelo así por agora.

Creo que a entrada de datos é sinxela, o propio programa, de forma intelixente, predice que vas necesitar e, segundo o estado do animal, ofréceche a acción máis lóxica (por exemplo, se se vai a rexistrar algo a unha vaca seca, ofrece a acción ‘parto’.

Entrada de Behi Alde, unha gandería que xestiona 300 hectáreas.

Entrada de Behi Alde, unha gandería que xestiona 300 hectáreas.

E con respecto ás análises, cales che gustan máis?
– Ben, agora mesmo, como estamos a aprender, non coñecemos en profundidade todo o que nos pode dar o programa a nivel analítico. Pero desde o principio notamos que o rexistro de datos é flexible e despois o programa devólveche os datos en múltiples análises que son fáciles de entender. Agora mesmo, utilizamos moito as listas de tarefas a diario, o xerador de listas e estamos a introducir os axustes.

Aínda que agora estás contento, como levas pouco tempo con Uniform e ademais vés de ser usuario doutro programa, seguro que botas en falta algunha cousa. De cara a telo en conta en futuras versións, Que mellorarías de Uniform-Repro?
– Boto de menos non poder imprimir as etiquetas para os botes de control leiteiro coa identificación de cada animal. Creo que co xerador de listas de Uniform poderíase, pero teño que consultalo co equipo de soporte.

Onde crees que ten máis potencial UNIFORM-Repro?
– Creo que un dos puntos fortes deste programa é que se pode comunicar con Organismos Nacionais de forma rápida e sinxela. Tanto a importación de arquivos como os axustes é intuitiva e, ademais, despois pódense ver na aplicación móbil.

A App paréceme o máis práctico do programa, aínda que agora non esteamos a rexistrar datos desde ela, permite saber como están as vacas en todo momento.

Estades satisfeitos co cambio?
– Si, si que o estamos. Por agora só usamos a App 5 dos 17 traballadores, e eu encárgome de rexistrar os datos, pero en canto teñamos toda a infraestrutura preparada, con WiFi nas naves, todos teremos acceso desde a App e a entrada de datos será máis áxil. Creo que vai funcionar moi ben nesta gandaría.

Poderías definir UNIFORM-Repro brevemente?
– Moderno, intuitivo e vivo, con continuidade.

Esquema das naves de Behi Alde, que están separadas entre si 1 quilómetro.

Esquema das naves de Behi Alde, que están separadas entre si 1 quilómetro.

Tres naves, 300 hectáreas e altas calidades no leite

Behi Alde está distribuída en 3 naves, cada unha creada como unha fase de ampliación da gandaría, que estivo continuamente cambiando desde os seus inicios. As 3 naves teñen unha orientación sur- suroeste e en cada unha hai 150 vacas en ordeño. A finca na que están situadas as tres naves ten unhas 300 hectáreas, das cales 239 ha. son para pasto, 16 para cultivo de millo e o resto son parcelas arboradas. Ademais, teñen máis hectáreas noutra localización para cultivar millo.

Na gandaría traballan 17 socios. Actualmente hai 2 persoas máis en formación que se van incorporar á Sociedade.

A media de vacas en muxido ao día é de 450, cunha produción por vaca e ano duns 10.400 litros (con 4,00% graxa e 3,37% proteína actualmente), realizando un sistema de nutrición mixto de pastoreo e ración elaborada en carro Unifeed. Agora no inverno os animais permanecen estabulados. O censo total é de 530 vacas adultas e 525 animais de recría, cunha media de 570 partos ao ano.

Pero o que fai realmente especial a esta gandaría non é o grande que é ou o volume de leite que produce, senón a súa organización interna, a súa forma de producir e, sobre todo, a súa localización. Behi Alde atópase nun alto, entre montes alaveses, e ten establecido desde os seus inicios un sistema mixto de alimentación. A idea orixinal era aproveitar os pastos ao máximo e consumir o mínimo posible de penso. Hoxe en día esa intención mantense, adaptada ás esixencias actuais do sector.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *