Balance de prezos do leite e entregas en febreiro

Balance de prezos do leite e entregas en febreiro

O último informe lácteo do Fondo Español de Garantía Agraria (Fega), correspondente ó mes de febreiro, reflicte un estancamento dos prezos do leite no campo, que se manteñen de media en España en 32,9 céntimos, igual que en xaneiro. Galicia, como é habitual, continúa na cola de prezos, con 31,6 céntimos, polos 31,7 de xaneiro.

A comparación coas comunidades veciñas mantén o desaxuste habitual, con Asturias en 35 céntimos e Castilla y León en 33,3. Este mes, sen embargo, por primeira vez en meses Galicia non pecha a táboa de cotizacións da España peninsular, xa que Aragón baixou ata 31,5 céntimos.

As entregas proseguen o crecemento dos últimos meses, con un 3,7% por riba de febreiro do 2017, se ben cómpre lembrar que os primeiros meses do pasado ano tiveran un balance de entregas inferior ó dos primeiros meses do 2016. En primavera, é por tanto previsible que o crecemento de entregas se aminore en relación ós mesmos meses do pasado ano.

En calidades do leite, Galicia mantense á cabeza de España, liderando o índice de graxa, con un 3,89, fronte á media estatal do 3,75, e cun 3,31 en proteína, por riba da media española de 3,30.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información