Baixan os cereais e a soia na UE en febreiro

Segundo o Panel de Análise de Materias Primas Agrarias da UE. Soben os combustibles, os fertilizantes mantéñense estables e sobe o prezo dos lácteos e da carne.

Baixan os cereais e a soia na UE en febreiro

A Comisión Europea ven de publicar o Commodity Price Dashboard ou Panel de Prezos de Materias Primas Agrícolas correspondente ao mes de febreiro.

O máis salientable é a baixada dos cereais e da soia, tanto na Unión Europea como no resto do mundo. Pola contra, en comparación co mes de xaneiro, sobe lixeiramente o prezo da carne, e de xeito máis notable o da leite en pó e da manteiga.

A soia acumula un descenso interanual do 23,1%

Así, por exemplo, o prezo da tonelada de soia na UE en Febreiro situouse nos 405,0 €/tonelada, cunha baixada do 2,4% respecto a xaneiro e do 23,1% interanual. No conxunto do planeta, a tonelada de soia cotizouse a unha media de 358,6 €/tn, un 3,8% menos que o mes anterior, e cunha baixada do 31% respecto a hai un ano.

Recuperación dos produtos lácteos e da carne

Tras un ano de baixadas nos prezos dos produtos cárnicos, o panel de prezos da Comisión Europea detecta unha recuperación nas cotizacións no mes de febreiro: a tenreira cotizouse a unha media de 3,8 €/kg, un 1,4% máis en febreiro; o porco a 1,36 €/kg, cunha suba mensual do 4,8% e o polo a unha media de 1,86 €/kg en febreiro, 0,4% máis.

A suba contrasta co comportamento á baixa do prezo dos produtos cárnicos no resto do mundo durante o mes de febreiro.

En canto aos produtos lácteos, a Comisión Europea tamén detectou unha clara dos prezos no mes de febreiro, en consonancia coas cotizacións mundiais.

Así, o kilo de leite en pó enteira subiu na UE un 10,4% con respecto a xaneiro, até os 2,61 €/kg, e o da leite en pó desnatada pagouse a 2,12 €, un 12,8% máis. A manteiga tamén subiu un 8,4%, mentres que o queixo moderou a suba mensual até un 4,3%. No resto do mundo, a recuperación dos prezos dos materias primas lácteas tamén foi evidente: a manteiga subiu en febreiro un 7,3%, o leite magro en pó un 8,1% e o enteiro un 18,2%.

prezos_UE_febrero2015

Estabilidade nos fertilizantes e suba nos combustibles

En canto aos imputs agrarios a tendencia de prezos en febreiro foi á alza, sobre todo nos combustibles, que subiron unha media do 11,7%, lastrados sobre todo polo petróleo Brent, que se encareceu un 20,5%, mentres que o gas natural baixou.

En canto aos fertilizantes, tanto os fosfatos como a potasa mantivéronse estables en xaneiro, mentres que a urea baixou un 7,0%.

imputs_UE_febrero2015

Podes descargar o informe completo nesta ligazón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información