Baixan en xuño as entregas de leite pero con prezos superiores a 2018

Baixan en xuño as entregas de leite pero con prezos superiores a 2018

Lactalis é a principal industria láctea de Galicia

O último informe do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) referido ao mes de xuño revela que baixaron as entregas de leite en toda España, con especial incidencia en Galicia. En canto aos prezos, tamén baixan lixeiramente con respecto a maio, pero son superiores ao mesmo mes do 2018.

En concreto, o leite de vaca producida en España en xuño ascendeu a 605.899 toneladas, cunha importante caída respecto das 641.487 toneladas producidas en maio, e lixeiramente por riba das 601.785 contabilizadas en xuño de 2018.

Boa parte desta caída débese ao descenso da produción en Galicia, comunidade que no que vai de ano produciu o 38,3% do total estatal. En concreto, as gandarías de vacún de leite galegas produciron en xuño 232647 toneladas, cunha caída importante respecto das 243.948 toneladas do mes anterior. Se se comparan os datos cos de xuño de 2018 -231959 toneladas- a produción galega practicamente estancouse.

En canto aos prezos que perciben as gandarías, baixaron no conxunto de España até os 0,321 euros por litro, cunha lixeira caída en relación aos 0,325 de maio. Porén, se se compara cos prezos de 2018, no que vai de 2019 os prezos son superiores (0,313 euros por litro en xuño do pasado ano).

En Galicia, o prezo medio foi de 0,311 euros por litro, por baixo dos 0,313 de maio, pero superior aos 0,304 euros por litro de xuño de 2018. En comunidades limítrofes, o prezo en Asturias en xuño foi de 0,346 e en Castela e León de 0,322 euros por litro de leite.

A tendencia no que vai de ano é que os prezos son superiores á media de 2018 e a previsión é que suban a partir deste mes de agosto.

Por último, en canto ás calidades de leite a media en xuño en España foi de 3,60% de graxa e 3,24 % de proteína. En Galicia, como vén sendo habitual, as calidades de sólidos lácteos foron superiores: 3,74% de graxa e 3,26% de proteína, por riba da media de xuño do pasado ano.

PREZOS LEITE XUÑO ENTREGAS LEITE XUÑO

Descarga aquí o informe completo do FEGA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información