Baixa a produción de leite en novembro e lixeiro repunte dos prezos

Segundo os datos provisionais do FEGA en novembro baixou a produción de leite en España con respecto a outubro, e con respecto a novembro de 2017. En Galicia, pola contra, a produción segue aumentando un 3,5% interanual. O prezo medio sitúase nos 0,333 euros o litro en España e nos 0,319 en Galicia

Baixa a produción de leite en novembro e lixeiro repunte dos prezos

Os datos de entregas de leite do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA)correspondentes ao mes de novembro publicados este mércores revelan que a produción de leite baixou en toda España con respecto ao mes de outubro, mentres que os prezos experimentaron unha lixeira subida.

En concreto, en novembro as entregas de leite de vaca en España ascenderon a 552.769 toneladas, por debaixo do mes de outubro, e un 1,8% menos que no mesmo mes de 2017. No acumulado dende xaneiro, a produción en España foi de 6,53 millóns de toneladas, un 1,5% máis que en 2017.

Este incremento foi posible grazas a que Galicia sigue tirando da produción láctea española. Así, foi das poucas comunidades que en novembro aumentou as súas entregas con respecto ao mesmo mes de 2017: producíronse 215.473 toneladas, un 0,26% máis. E se se analizan os once meses do pasado ano, de xaneiro a novembro, en Galicia entregáronse á industria 2.510.834 toneladas de leite, un 3,05% máis que no mesmo período de 2017.

prezos_leite_novembro

Galicia mantense cos prezos máis baixos do Estado

Polo que respecta ao prezo medio en novembro, no conxunto de España foi de 0,333 euros o litro, o que supón un incremento respecto aos 0,325 euros o litro de outubro. Sen embargo, é lixeiramente inferior aos 0,335 euros o litro de novembro de 2017.

En Galicia, os prezos medios en novembro foron de 0,319 euros o litro, fronte aos 0,314 de outubro, e por tanto cunha suba mensual menor que a media española. En canto ao dato interanual, en novembro de 2017 o prezo medio do leite en Galicia era de 0,32 euros o litro.

Descarga aquí o informe do FEGA de declaracións obrigatorias do sector de vacún de leite durante o mes de novembro de 2018

Descarga aquí o informe do FEGA de declaracións obrigatorias do sector de vacún de leite durante o mes de novembro de 2017

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información