Baixa o consumo de leite líquido, soben os queixos

Os datos de consumo do 2016 amosan a continuación da tendencia descendente no consumo de lácteos en España, se ben os derivados manteñen unha maior estabilidade

Baixa o consumo de leite líquido, soben os queixos

O consumo de derivados lácteos mantén unha liña estable nos últimos anos.

O consumo de leite líquido caíu en España un 2,2% durante o 2016. Mantense a súa tendencia á baixa dos últimos anos, aínda que continúa a representar un 40% do consumo total de lácteos no país. En derivados lácteos, que no 2015 aumentaran o seu consumo levemente, mantívose no 2016 a estabilidade, cunha lixeira baixada do 0,6% en volume. Por categorías, o mellor comportamento chega dos queixos (+ 1,4%), da manteiga (+1,9%) e dos batidos (+3,1%).

En leite líquido, o consumo repártese entre leite UHT de longa duración (96,5%) e leite de curta duración (pasteurizada), co 3,5 %. O descenso do consumo foi superior ó 2% no UHT e por riba do 5% no caso do leite de curta duración.

Tal e como sucedía en campañas anteriores, apréciase unha tendencia descendente no consumo de leite enteiro, que perde no último ano un 6,8%, en tanto o leite desnatado sobe un 0,4% e o semidesnatado perde un 0,7%. A maior parte do consumo en España sitúase no leite semi, co 45,9% de cota de mercado, seguido do desnatado, co 29,2%, que xa vai collendo distancia co enteiro (24,9%).

O consumo total de leite líquido en España foi no 2016 de 72,86 litros por persoa. A principal canle de compras segue a ser o supermercado, con máis do 53% do total. Séguenlle as tendas de desconto, co 20% e os hipermercados, co 17%. En canto a outros canais de venda, o e-commerce, co 1,7%, xa supera ás tendas tradicionais (1,3%).

Derivados lácteos
Tras o leite líquido, o segundo produto da gama de lácteos con máis vendas son os iogures, que representan un 38% do volume de derivados lácteos comercializados. Séguelle o queixo, co 20%, se ben en valor, os queixos chegan ó 45% da gama de derivados, polo 26,5% dos iogures.

A boa noticia no consumo de lácteos atópase na tendencia crecente que amosa o consumo de queixos (+ 1,4% no 2016). Tamén os batidos lácteos (+3,1%) e a manteiga (+1,9%) medran, mantendo a liña ascendente de anteriores anos.

No lado contrario, os iogures perden un 1% e a baixada en postres lácteos supera o 5%.

Maior gasto en hortalizas e viño, menor en carnes

El informe del panel de consumo alimentario que elabora de xeito anual o Ministerio de Agricultura revela que tamén houbo unha tendencia á alza no consumo de hortalizas (+0,4% en volume e +0,8% en valor) e en viño (+0,8% en volume e + 6,1% en valor), en tanto que as carnes (-1,6%) seguen a liña á baixa iniciada no 2012.

En carnes, a peor parte corresponde no 2016 ó porcino (-3,5%) e ó vacún (-3%), mentres a carne de polo baixa só un 1%.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información