As axudas asociadas por vacas de leite quedan en 124 euros por animal e en vacas de carne en 92

As axudas asociadas por vacas de leite quedan en 124 euros por animal e en vacas de carne en 92

Os gandeiros de vacún de leite recibirán 124 euros por vaca e 136 se están en zona de montaña ou Peninsular

O Fondo Español de Garantía Agraria (Fega) fixo públicos esta semana os importes unitarios provisionais das axudas asociadas ás explotacións gandeiras que manteñan vacas nutrices en vacún de carne e vacas de leite, e que para a España peninsular sitúanse en 92 e 124 euros por animal, respectivamente.

O 70% destas axudas poderán ser percibidas polos gandeiros a partir do 15 de novembro e ata o 1 de decembro.

Axudas a explotacións de vacún de leite: unhas 356.000 cabezas de gando en Galicia recibirán esas axudas

No caso das axudas asociadas ás explotacións de vacún de leite, a dotación orzamentaria para a campaña 2017/2018 ascende a 60.114.000 eros para a rexión España Peninsular e 31.238.000 euros para a rexión Insular e zonas de montaña.

O importe das axudas por animal en cada unha das dúas rexións establecidas concédese por estratos, de modo que as primeiras 75 cabezas dunha explotación recibirán o importe unitario completo, mentres que as vacas distintas das 75 primeiras da explotación percibirán un 50% da axuda asociada.

Respecto á campaña 2017, o número de animais que cumpren de maneira provisional os requisitos establecidos para percibir a axuda ascenden a 567.874 respecto da rexión España Peninsular e 250.516 en relación á rexión Insular e Zona de Montaña. É dicir, máis de 815.000 vacas de leite recibirán axudas, das que unhas 356.000 están en Galicia.

Os importes unitarios provisionais para o pago de anticipos queden fixados en 124,536568 €/animal para as explotacións situadas na rexión España Peninsular e en 136,808573 €/animal para as explotacións situadas na rexión Insular e Zonas de Montaña.

vaca_leite_axuda_2017

Axudas por dereitos especiais en vacún de leite

En canto á axuda por dereitos especiais para explotacións de vacún de leite, o número de APS que cumpren de maneira provisional os requisitos establecidos para percibir a axuda ascenden a 12.799, segundo desagrégase a continuación por comunidades autónomas, o que supón que o importe unitario provisional para o pago dos anticipos quede fixado en 173,997968 €/animal.

En todo caso, recalcar o carácter provisional do importe unitario establecido de fronte o pago do anticipo. Coa información que remitan as comunidades autónomas correspondente ao número total de animais determinados para o pago da axuda en marzo do ano próximo, o importe unitario definitivo que se calcule a partir destes novos datos podería variar respecto o importe provisional, e non sempre tería que facelo á alza.

vaca_leite_axuda_espediais_2017

Axudas por vacas nutrices en vacún de carne

A estas axudas teñen dereito un total de 1.940.180 animais, dos que 196.720 están en Galicia.

Para esta axuda diferéncianse tamén dúas rexións: España peninsular e rexión insular. A dotación orzamentaria para a campaña 2017/2018 ascende a 187.294.000 € para a rexión España Peninsular e 451.000 € para a rexión Insular.

Desta forma, os importes unitarios provisionais para o pago de anticipos queden fixados en 92,598782 €/animal para a rexión España Peninsular e 162,938071 €/animal para a rexión Insular.

vaca_nutriz_axuda_2017

Recalcar o carácter provisional deste importe establecido de fronte o pago do anticipo. Coa información que remitan as comunidades autónomas correspondente ao número total de animais determinados para o pago do saldo da axuda, calcularase un importe unitario definitivo que podería variar respecto ao presente importe provisional, e non sempre tería que facelo á alza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información