Asturias acolle este fin de semana o Concurso Nacional CONAFE da Raza Frisoa

Asturias acolle este fin de semana o Concurso Nacional  CONAFE da Raza Frisoa

Este venres, día 28, comezará no recinto feiral de Xixón a novena edición do Concurso Nacional CONAFE da Raza Frisoa, no que participarán 183 animais.

As vacas, xovencas e tenreiras concursantes serán xulgadas polo xuíz de CONAFE Javier Álvarez Lastra. Nesta edición participarán 183 animais de 46 ganderías de cinco comunidades. Dezanove ganderías asturianas representarán ao Principado con 85 animais. Cantabria é a segunda. con máis participación, 51 animais. Séguenlle Galicia que acode con 27 animais, Cataluña con 18 e Castela e León con 2 animais.

Entre as participantes, 21 vacas están cualificadas Excelentes e 46 Moi Boas. De novo volveremos ver en pista a Badiola Atwood Koketa ( Gan. Dipl. Badiola, Asturias), Vaca Gran Campioa Nacional da pasada edición CONAFE’17, que tentará renovar o seu título.

O XVIII Campionato Nacional de Manexadores, no que se valora a pericia coa que os manexadores presentan os animais na pista, celebrarase o sábado 29, a continuación do xulgamento das becerras e xovencas.

Un ano máis distintas casas comerciais relacionadas co sector lácteo estarán presentes con caseta no pavillón central da Feira de Asturias Luís Adaro.

 

Programa:

Sábado, día 29 de setembro:

-Desde as 15,00 horas: Xulgamentos das seccións de tenreiras e xovencas.
-Desde as 18,00 horas: XVIII Campionato Nacional de Manexadores

Domingo, día 30 de setembro:

-Desde as 10,00 horas: Xulgamento das seccións de vacas

Historia do Concurso Nacional de CONAFE

En 1991 CONAFE toma a substitución na organización do Nacional da Raza Frisoa, que ata esa data viña facendo ANFE desde 1974. Desde o seu inicio e ao longo de 38 edicións, tres animais conseguiron o máximo galardón de Gran Campioa en tres ocasiones: Argomota Infanta Inspiration, como  Xovenca Gran Campioa en 1989 e 1990 e como Vaca Gran Campioa en 1991; Pachecas James Gretta, Vaca Gran Campioa de Primavera en 2005 e Gran Campioa de outono en 2005 e 2006; e Pacho Goldwyn Telva, Vaca Gran Campioa de CONAFE dos anos 2011, 2013 e 2016.

Asturias e Cantabria son as Comunidades Autónomas ás que máis títulos de Vaca Gran Campioa foron, a primeira en dezasete ocasiones e a segunda, en quince. En canto a ganderías, a asturiana Gandería Diplomada Badiola é a que máis galardóns cultivou, con dez títulos de Vaca Gran Campioa Nacional e tres de Xovenca Gran Campioa Nacional.

Cartel_Concurso Nacional Raza Frisona CONAFE 2018

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información