Aspectos básicos das rutinas de muxido

Resumo da ponencia de Ariadna Fernández, veterinaria da cooperativa Campodeza, durante a Xornada Técnica sobre a Mellora no Manexo do Gando Bovino, organizada pola asociación O Parapeto en Agolada.

Aspectos básicos das rutinas de muxido

A escuma sellante debe cubrir o 75% do teto, e non só a punta

O muxido é un dos traballos máis importantes do día nunha gandería de vacún de leite. Como punto de partida, nunha explotación familiar de tamaño pequeno ou mediano, deberían ser sempre as mesmas persoas as que muxan, segundo uns protocolos preestablecidos. A especialización nesta tarefa non só redundará nunha detección máis temperá de enfermidades como a mamite, senón que tamén contribuirá a reducir o estrés da vaca durante o muxido.

O tempo de estimulación ten que ser dun mínimo de 12 segundos. As inxeccións de oxitocina deberían ser un último recurso, ao correr o risco de crear dependencia no animal, e sendo sempre preferible unha correcta estimulación previa. Pódese realizar durante o predippging, no que os tetos deben ser humedecidos cunha boa capa de espuma e logo secados cun pano individual. Non ten sentido aforrar custos en espuma ou en papel de secado, pois non compensa a redución de mamites que logramos cunha correcta práctica de hixiene durante o muxido. Igualmente, debería ser obrigatorio o uso de luvas desechables, xa que as mans dos muxidores poden ser a vía de propagación de patóxenos no ubre.

Unha vez secados os tetos, realízase o despunte, sempre sobre un recipiente e non sobre o chan -estariamos a crear o caldo de cultivo de posibles patoloxías-, e preferiblemente sobre un fondo negro para ver as posibles alteracións que poda haber no leite.

O proceso de predipping e de despunte debe durar uns 12 segundos, para estimular a vaca e que se libere a oxitocina.

Colocación da máquina de muxido

As tetoeiras da máquina de muxido débense colocar, como máximo, un minuto e medio despois da estimulación da vaca, para que o nivel de oxitocina sexa o máximo.

A orde de entrada das vacas na sala de muxido debe ser a seguinte:

-1º as xovencas.
-2º as vacas recén paridas.
-3º vacas adultas.
-4º as vacas en final de lactación.
-5º as vacas problemáticas.

É moi importante evitar o sobremuxido. A tetoeira só pode estar posta mentres a vaca estea dando leite. Do contrario, empezarán a aparecer problemas de tetos conxestionados.

Estes problemas evítanse con retiradores automáticos, máis recomendables fronte á retirada manual das tetoeiras.

Unha vez realizado o muxido, os esfínteres dos tetos aínda tardan uns 30 minutos en pecharse completamente. Neste sentido, é aconsellable non darlle opción á vaca de deitarse despois do muxido, pois aumenta o risco de entrada de microorganismos no ubre. Darlle alimento despois do muxido é unha técnica estendida para evitar este problema.

O sellado ou postdipping debería cubrir, como mínimo, o 75% do teto, non só a punta. A función do produto antiséptico que aplicamos é precisamente evitar o medre de microorganismos nos restos de leite e evitar a entrada de patóxenos polos esfínteres.

Por último, destacar que un sellador líquido é preferible a un sellador pastoso, pois penetra mellor no canal do esfínter.

Máis información:

Como mellorar a comocidade das vacas no muxido

Xestión do persoal na sala de muxido

Consellos para un bo muxido das vacas

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información