Así xestiona COVAP as forraxes para alimentar cada día a máis de 15.000 vacas de leite

A Cooperativa del Valle de los Pedroches (COVAP), situada en Córdoba, compra cada ano aos agricultores unhas 120.000 toneladas de forraxes, sobre todo millo, para alimentar a máis de 15.000 vacas en produción. Claudio Baldman explica como traballan

Así xestiona COVAP as forraxes para alimentar cada día a máis de 15.000 vacas de leite

Colleitando millo para COVAP.

A Cooperativa del Valle de los Pedroches (COVAP) é un referente en España de transformación do leite por parte dos propios gandeiros. E tamén pola xestión en conxunto que fan das forraxes dos seus socios. E é que debido ás limitacións da zona, cada ano a cooperativa compra unhas 120.000 toneladas de forraxe para ensilar, o 66% millo forraxeiro, e o resto cereais de inverno, para alimentar diariamente a máis de 15.000 vacas en muxido.

Claudio Baldman Waldman, responsable da área de Gandaría de COVAP, explica como xestionan a compra de forraxes e as innovacións que están a incorporar, como a instalación de instrumentos NIR nas colleitadoras, que lles permiten coñecer de forma fácil e rápida a materia seca e o amidón da forraxe de cada parcela, e en función destas calidades pagarlle ao agricultor.

Que razóns levaron aos gandeiros de COVAP a externalizar a produción de forraxes?
A Cooperativa del Valle de los Pedroches (COVAP), desde a súa creación centralizou a compra de materias primas para conseguir un mellor prezo e dar o mesmo servizo a todos os seus gandeiros.

COVAP está situada nunha zona de cultivos de secaño con baixa pluviometría, o Val dos Pedroches, polo que o cultivo de forraxes para gando centrouse sempre en cereal de inverno, triticale, avea, etc. para ensilar ou ben para feno. Porén, non é posible obter millo forraxeiro para a alimentación do gando vacún nesta zona. Por iso, este produto cómprase a zonas agrícolas de cultivo en regadío, como a campiña de Córdoba e Sevilla, a zona das Vegas Altas en Badaxoz e outras zonas do sur da provincia de Ciudad Real.

Desde a posta en marcha do Centro de Alimentación de COVAP en 1998, comprouse tanto cereal de inverno como millo forraxeiro para ensilar e fabricar a mestura húmida que se serve aos gandeiros, socios da cooperativa.

Ademais de facer provisión de cereal de inverno e de millo forraxeiro para o Centro de Alimentación, tamén se empezou a servir produto aos gandeiros que elaboraban a súa propia mestura. Desde entón, a forraxe cultivada, tanto de millo como de cereal de inverno, é analizada en campo ou na recepción de materias primas de COVAP para garantir un produto óptimo para o seu consumo.

Como son os acordos aos que se chega cos agricultores?
Desde 2014 estableceuse un sistema de compra por contrato entre o agricultor e a Cooperativa. No caso de cereal de inverno son agricultores da zona e no caso do millo para ensilar establecéronse acordos con agricultores da zona da campiña e despois foise expandindo a agricultores doutras provincias.

 “O prezo medio do millo forraxeiro para o gandeiro de COVAP é de 57 €/Ton posto na súa granxa”

Tanto en cereal de inverno (triticale, avea, cebada, etc.) como de primavera (millo), establécese un prezo base referenciado ao 30% de materia seca, ao cal se suma un complemento por calidade baseado nunha táboa a disposición do agricultor e que o motiva a cultivar a niveis de humidade beneficiosos para ambas as partes.

No caso do cereal de inverno a calidade establécese en base á materia seca (compramos quilos de materia seca de ensilado) e no silo de millo o 85% do prezo é en base á materia seca e o 15% restante en base ao amidón, cuxa base tamén é o 30%.

Cal é o prezo medio para o gandeiro da tonelada de millo ensilado e cales son as calidades medias?
O prezo medio para o gandeiro de COVAP é de 57 €/Ton posto na súa granxa, aínda que este prezo está suxeito á calidade do produto.

As calidades medias do produto servido ao gandeiro dependen das súas indicacións, hai gandeiros que queren o produto máis seco e outros máis húmido. Na campaña de 2018, cereal de inverno cultivado entre abril e maio e millo para ensilar cultivado entre agosto e outubro, a calidade media do produto recepcionado por COVAP é de 31,4% de MS en silo de cereal e de 32,2% de materia seca e 27,5% de amidón en millo para ensilar.

Cantas toneladas de millo forraxeiro e de herba para ensilar se adquiriron nesta campaña e cal é a evolución dos últimos anos?
Durante os últimos 5 anos, a cantidade de millo e cereal de inverno para ensilar que adquiriu COVAP para o seu Centro de Alimentación e gandeiros é de 120.000 toneladas. A proporción varía en función da cantidade de cereal de inverno que se poida adquirir, aínda que nos últimos anos foi 66% de millo para ensilar e 34% de cereal de inverno.

 COVAP compra 120.000 toneladas de forraxe para ensilar, o 66% millo

A cantas cabezas de gando alimenta COVAP con esta forraxe comprada?
Os centros de alimentación de COVAP alimentan diariamente a 15.000 vacas de produción con TMR húmida. A compra de ensilado polos socios da cooperativa rolda as 20.000 toneladas ao ano.

O millo envíase directamente desde os campos de cultivo aos silos particulares dos socios de COVAP ou almacénase nun silo en común?
COVAP realiza as dúas opcións, a maioría do millo cultivado, 90-95%, ensílase no Centro de Alimentación de COVAP e o resto descárgase directamente nas vaquerías dos socios de COVAP.

En que aspectos ve marxe de mellora na adquisición de forraxes húmidas por parte de COVAP?
Para COVAP é importante mellorar os acordos cos agricultores para fidelizar aos mesmos e ter controlado todo o proceso de sementeira, abonado, e xestión de cultivo en campo xa que isto redundará nunha forraxe de maior calidade. Desde hai 3 anos, COVAP conta cun departamento de Agricultura que realiza este seguimento do produto para conseguir alcanzar a maior calidade posible.

Por parte da Cooperativa está a tratarse de mellorar a relación cos agricultores para poder crear unha relación simbiótica que permita o máximo beneficio para ambas as partes.

“COVAP foi pioneira en España en instalar instrumentos NIR nas colleitadoras, co que paga ao agricultor polas calidades da forraxe de cada parcela”

NIRS instalado na colleitadora

NIRS instalado na colleitadora

Cando empezou COVAP a implantar o sistema NIR nas máquinas?
Como indicamos anteriormente, COVAP liquida ao agricultor pola calidade media de cada parcela. A análise de todas as mostras que se recepcionan en COVAP é custosa e tediosa, polo que a posibilidade de dispor de datos de calidade por camión ou remolque, de forma rutineira, era un punto de mellora importante no control de calidade.

Ademais, o resultado analítico reportado polo instrumento é unha media de todo o produto cultivado e non un dato puntual dunha mostra dentro dun camión de 25 Ton, polo que a súa representatividade é maior.

Hai 3 anos, en setembro de 2015, iniciáronse as probas da instalación e control de calidade de millo para ensilar, en dúas colleitadoras pertencentes aos maquileiros que traballan para COVAP. A partir de 2016, decidiuse instalar instrumentos NIR en todas as máquinas colleitadoras que traballan para COVAP nas distintas zonas tanto para cereal de inverno como para millo para ensilar.

O sistema empregado inclúe, ademais dos instrumentos NIR e os visores que se instalan na cabina da máquina, un programa de xestión que permite introducir Agricultores, Parcelas e Campos polo que o operario da colleitadora asigna cada camión á leira que está a cultivar e todos os datos quedan rexistrados nun software que opera na nube chamada Field Trace.

“Cada camión cultivado é analizado no momento da súa carga e ao final xérase un ticket no que se indican os parámetros nutricionais medios obtidos polo NIR”

Desde COVAP vanse introducindo os distintos campos a cultivar e envíanse os datos a cada máquina mediante GPRS. De igual forma, os datos xerados cada día por cada máquina envíanse ao programa de forma automática e pódense consultar polos técnicos de COVAP en tempo real.

Ticket que recibe o agricultor de cada remolque

Ticket que recibe o agricultor de cada remolque

Cada camión cultivado é analizado no momento da súa carga e ao final xérase un ticket no que se indican os parámetros nutricionais medios obtidos polo NIR. Este ticket entrégase tanto a COVAP como ao agricultor e en función deses valores liquídase a parcela.

Na recepción de COVAP tómanse mostras puntuais e analízanse no laboratorio para comprobar que os datos proporcionados polos instrumentos NIR instalados nas colleitadoras están ben calibrados.

Despois de varios anos traballando con este sistema, os resultados obtidos son de total confianza e as desviacións obtidas durante esta campaña son inferiores ao 1 pto en MS e 2 ptos en Amidón sobre materia seca, os parámetros utilizados para liquidar ao agricultor por parte de COVAP.

Algo máis que queiras engadir?
COVAP é o representante en España da empresa fabricante dos equipos NIR “DINAMICA GENERALE”. Por tanto tamén realizamos o labor comercial, instalación e post venda dos equipos.

Tamén traballamos cunha empresa externa que se encarga das calibracións, novas curvas e todo o relacionado coa parte de medicións dos equipos NIR.

Vídeo: Así se miden en tempo real a calidade das forraxes

Para calquera información sobre os equipos NIR e as súas posibles aplicacións pódese contactar con: CLAUDIO BALDMAN WALDMAN

+34 610 81 44 01
[email protected]

Informacion adicional sobre Dinamica Generale:

https://www.dropbox.com/sh/knhh1zlqk5zhrgo/aaac_rlnbcifpcgyzepln0w5a?dl=0

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información