Así cobran o leite os produtores no resto de Europa e a nivel internacional

leite xuño 1O Observatorio do Mercado Lácteo da Comisión Europea publicou este mércores os seus últimos informes sobre a evolución nos sete primeiros meses do ano dos prezos do leite en orixe tanto nos 28 estados membros da UE como nos principais países exportadores a nivel internacional (Estados Unidos e Nova Zelandia).

A tendencia é que en xullo o prezo medio na Unión Europea situouse en 0,337 céntimos por quilo de leite, o que supón un 0,7% máis que en xuño, e case un céntimo por riba dos 0,329 euros por litro de xullo de 2018. En España o prezo medio en xullo foi de 0,312 euros o litro, o mesmo que en xuño.

leite xuño 2

En canto á evolución interanual entre xuño deste ano e o mesmo mes de 2018, o incremento medio na UE foi do 4%. España situouse por baixo, cunha suba do prezo do leite para os produtores do 3%, mentres que as principais subidas rexistráronse en Italia (un 12% máis), e en Francia e Holanda incrementouse un 4% .Só baixaron os prezos en Dinamarca e Grecia, mentres que en Portugal os prezos mantivéronse estancados en xuño respecto ao mesmo mes de 2018.

En termos xerais, no que vai de 2019 os prezos do leite na UE son ao redor dun 5% superiores respecto ao pasado ano, e a tendencia para o segundo semestre do ano prevese alcista.

leite xuño 3

En canto á situación no resto dos principais países exportadores de produtos lácteos, o prezo de medio do leite en Estados Unidos, cun 4,2% de graxa, foi en xuño de 0,365 euros o quilo e en Nova Zelandia foi de 0,288 euros.

A gráfica da evolución de prezos dos últimos anos mostra que a Unión Europea é a que ten prezos máis estables, mentres que Estados Unidos e Nova Zelandia, presentan as maiores oscilacións, ao existir menos mecanismos de intervención pública ante os vaivéns do mercado de produtos lácteos.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información