As axudas do Plan Renove destinaranse a adaptación da maquinaria para cumprir o Decreto de Xurros

As axudas do Plan Renove destinaranse a adaptación da maquinaria para cumprir o Decreto de Xurros

As axudas do Plan Renove de Maquinaria Agrícola do Ministerio de Agricultura dedicaranse este ano case na súa totalidade á adaptación da maquinaria agrícola para cumprir o Decreto de Xurros do Ministerio, que penaliza para o cobro das axudas da PAC o esparexido mediante sistema de prato, abano ou canón.

Así, o Plan Renove deste ano, que se prevé que se convoque en marzo, centrarase en axudas para a compra de sistemas de esparexido en bandas mediante tubos colgantes, así como para a adaptación das cisternas, aínda que o Ministerio non descarta habilitar unha partida extra para a compra de cubas.

Así o avanzou o director xeral de Producións e Mercados Agrarios, Fernando Miranda no programa de agropopular, ao sinalar que quere que o Plan Renove de maquinaria agrícola 2018 estea aprobado para o mes de marzo pero que, nesta ocasión, as axudas destinaranse preferentemente á adquisición de máquinas para aplicación de xurros.

A convocatoria abrirase en marzo e contará cunha partida de 5 millóns de euros

Neste sentido, explicou que os recursos do Plan irán destinados “preferentemente e case na súa totalidade” á renovación deste tipo de maquinaria, xa que en moitas ocasións non fai falta cambiar a maquina ou a cubra enteira, senón soamente o implemento. “Tamén estamos a valorar a posibilidade de axudar á adquisición de cubas”, sinalou.

Respecto aos prazos da convocatoria, Miranda detallou que o seu obxectivo é abrir os prazos no mes de marzo e ter aberta a convocatoria “tanto tempo como sexa necesario, ata que esgotemos a dispoñibilidade orzamentaria”.
En canto ao orzamento, sinalou que desde o Ministerio “teñen a intención” de investir cinco millóns de euros, pero que, ao estar os orzamentos prorrogados do ano 2017, é preciso realizar unha serie de tramitacións internas para que lles permitan dispor desa cantidade.

En Galicia a Consellería do Medio Rural ten previsto publicar nos próximos días as excepcións ao Decreto de Xurros do Ministerio e que, de ir na mesma liña que as do goberno de Asturias, deixarían exentas á maior parte das parcelas de uso agrícola.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información