A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Análise de saúde dun rabaño leiteiro con Uniform-Repro

Este programa informático mellora a xestión da sanidade dunha granxa, facilitando a detección de problemas e a toma de decisións do gandeiro

Análise de saúde dun rabaño leiteiro con Uniform-Repro

Un gandeiro, controlando o seu rabaño co programa Uniform - Repro. / Arquivo.

A saúde no rabaño é un dos alicerces fundamentais nas gandarías. Igual que nos ocorre a nós os humanos, que un arrefriado afecta o noso ánimo e produtividade, sucede cos animais cos que traballamos. Unha vaca que estea enferma ou quizais simplemente molesta (unha cetosis subclínica, unha coxeira sen lesión evidente) altera o seu comportamento e a súa produción. É ben sabido que as enfermidades poden producir grandes perdas nunha gandaría, xa que algunhas son as principais causas de sacrificio temperán (infertilidade, mamites e coxeiras), e por iso ponse esforzo en controlalas.

Ademais, debido aos cambios na Normativa Europea que van acontecendo, desde hai uns anos, máis que tratar enfermidades, búscase previlas, para evitar que haxa moitos casos e reducir o consumo de medicamentos, cada vez máis restrinxido. A gran pregunta é: chegará o día en que non haxa nin enfermidades nunha gandaría de produción de leite? Difícil de imaxinar, pero o que si podemos facer é tentar reducir ao máximo as enfermidades e os casos que aparecen nas nosas gandarías.

Menú 4.2. Panel de enfermidades cos preaxustes para analizar as enfermidades dixestivas nos 3 últimos meses. O programa calcula os custos medios por caso e os custos totais.

Menú 4.2. Panel de enfermidades cos preaxustes para analizar as enfermidades dixestivas nos 3 últimos meses. O programa calcula os custos medios por caso e os custos totais.

Sabería vostede dicir cal é a enfermidade máis prevalente na súa gandaría?, é un repunte?, hai máis casos en determinada época do ano?, ou en determinado lote?, houbo cambios tras abrir un silo? E, máis importante: o ano pasado e o anterior tiña unha situación similar?, como quere estar o ano que vén?, sabe onde ten que actuar?, sabe canto está a deixar de gañar polas enfermidades?

Para dar respostas a todas estas preguntas, en UNIFORM-Agri desenvolvemos máis as análises de saúde na última versión do noso programa UNIFORM-Repro, para mellorar as ferramentas de axuda na toma de decisións.

UNIFORM-Repro xa dispuña de numerosas análises de benestar e alertas de saúde, como son:

– Análise de condición corporal.
– Cociente Graxa/Proteína.
– Análise individual de actividade e rumia.
– Alertas de alteracións en actividade, consumo de concentrado e produción no Panel de Control.

Agora, na última versión, melloramos as análises específicas de eventos de saúde e tratamentos.

Por unha banda, está o xa existente menú de análise de eventos de saúde [4.2], que avalía o estado dos casos e os custos dunha enfermidade, unha categoría de patoloxías (respiratorias, reprodutivas, etc.) ou os tratamentos aplicados para un período seleccionado.

Estes custos calcúlanse porque UNIFORM tamén lle dá a opción ao usuario de xestionar o botiquín da gandaría e a compra de medicamentos desde o programa, xerando automaticamente o Libro de Tratamentos.

Doutra banda, engadiuse unha análise da incidencia de enfermidades. É o novo menú [4.34] que avalía a incidencia mensual das enfermidades rexistradas por evento de saúde (a enfermidade en si), días en leite e número de lactación.

Análise de incidencia de enfermidades nunha gandería de 400 vacas en muxido. A enfermidade é a metrite con maior incidencia tódolos meses e maior prevalencia o último ano. Vese que hai un aumento de casos ó rematar o verán e outro menor no mes de xaneiro. Pódese ver tamén un brote de mamite clínica en abril.

Análise de incidencia de enfermidades nunha gandería de 400 vacas en muxido. A enfermidade é a metrite con maior incidencia tódolos meses e maior prevalencia o último ano. Vese que hai un aumento de casos ó rematar o verán e outro menor no mes de xaneiro. Pódese ver tamén un brote de mamite clínica en abril.

Ademais, no Xerador de Listas [5.3] engadimos as categorías de enfermidades e tratamentos, para que o usuario poida incluílo nas súas listas e comparar así, por exemplo, que tratamentos se utilizaron e cales foron máis efectivos. Estas listas son totalmente flexibles e exportables a formato Excel.

O obxectivo destas melloras no programa é, sinxelamente, axudarlle a responder as súas preguntas na xestión do rabaño. UNIFORM-Repro é unha ferramenta de traballo en constante evolución para cubrir as necesidades dos nosos usuarios.

Contacto
Se quere máis información sobre o apartado de saúde en concreto ou calquera outro aspecto do programa UNIFORM-Repro, non dubide en contactar connosco.

Correo electrónico: ventas (arroba) uniform-agri.com
Teléfono: (+34) 695 45 67 35
Web: www.uniform-agri.com/es

Detalle da análise de enfermidades por Días en Leite. Pódese apreciar que a maioría dos casos de mamite foi ó remate do periodo fresco, o que pode axudar para tomar medidas na rutina de muxido e a hixiene dos lotes.

Detalle da análise de enfermidades por Días en Leite. Pódese apreciar que a maioría dos casos de mamite foi ó remate do periodo fresco, o que pode axudar para tomar medidas na rutina de muxido e a hixiene dos lotes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *