Alúgase explotación gandeira en Tordoia

Alúgase explotacion gandeira por xubilacion. Establo con capacidade para 50 vacas (56 cubículos). Establo moderno con arrobadeira de limpeza, sala de muxido de 6 puntos -con capacidade de ampliala a 8- e tanque de frío de 3.000 litros de capacidade.

Nave con alpendre para forraxe, silos de paredes e outra corte antiga á beira para criar xovencas ou cebo de tenreiros. Gandaría socia de Cooperativa Comaral de Ordes, que recolle o leite, e con servizo de carro mesturador. Maquinaria en moi bo estado para realizar case todos os traballos agrícolas (dous tractores, un deles con pa, cisterna de xurro, arados, abonadora, segadora rotativa, anciños, abonadora…etc).

O aluguer inclúe unhas 12 hectáreas de base territorial en propiedade. Posibilidade de ampliar até algo máis de 20 hectáreas -as que se declaraban na PAC- coas cedidas e alugadas. Posibilidade de ampliar máis a base territorial debido ao peche de explotacións gandeiras na zona.

Granxa situada a uns 25 minutos en coche de Santiago de Compostela.

Prezo a negociar. Soamente persoas interesadas poden chamar ao teléfono 605841014 (Luís)
tordoia granxa 2

tordoia granxa 3

tordoia granxa tanque leite

tordoia granxa 4

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información