Actualizada a listaxe das mellores vacas e mellores explotacións de raza Frisoa de España

CONAFE acaba de publicar as avaliacións xenéticas do mes de novembro, correspondentes a vacas e a explotacións.

En canto ás 1000 mellores vacas españolas por ICO, a lista encabézaa unha vez máis Pandio Parla Goldwyn, pertence á gandaría Pandio, de Palencia. Esta vaca nada en 2007 acumula nada menos que 4442 puntos, uns 100 puntos máis que na proba de xuño, seguida doutra compañeira de rabaño, Pandio Parla Mogul, con 4336 puntos ICO, e en terceiro lugar Pandio Alma Mogul, con 4161 puntos.

Listaxe das 20 mellores vacas de España por ICO:

CONAFE_18_2_VACAS_ICO

Consulta aquí a listaxe completa das 1.000 Mellores Vacas por ICO novembro 2018

Listaxe das 20 mellores vacas de España por quilos de graxa:

CONAFE_18_2_VACAS_GRASA

Consulta aquí a listaxe completa

Listaxe das 20 mellores vacas de España por Quilos de proteína:

CONAFE_18_2_VACAS_PROTEINA

Consulta aquí a listaxe completa.

Listaxe das 20 mellores vacas de España por Quilos de leite:

CONAFE_18_2_VACAS_KILOS

Consulta aquí a listaxe completa.

Mellores explotacións por ICO

Listaxe das 20 mellores gandarías de España por ICO (até 75 reprodutoras): 

CONAFE_18_2_EXPLOTACIONS_1

Consulta aquí a listaxe completa.

Listaxe das 20 mellores gandarías de España por ICO (de 75 a 200 reprodutoras): 

CONAFE_18_2_EXPLOTACIONS_2

Consulta aquí a listaxe completa.

Listaxe das 20 mellores gandarías de España por ICO (máis de 200 reprodutoras): 

CONAFE_18_2_EXPLOTACIONS_3

Consulta aquí a listaxe completa.

Novidade: CONAFE publica as probas de saúde podal de machos e femias

Nesta avaliación xenética realizada por CONAFE en novembro de 2018 a principal novidade é a publicación das probas de Saúde Podal de machos e femias grazas á colaboración de gandeiros podólogos e asociacións en torno ao proxecto I-SAP. Os detalles da avaliación pódense consultar na ligazón “Nova avaliación xenética para Saúde Podal en España” publicado por Noureddine Charfeddine e Mª Ángeles Peréz-Cabal.

Como o ano pasado, a publicación dos machos atrásase até o 5 de decembro de 2018 para coincidir coa publicación das listaxes internacionais. O motivo é simplificar o número de listaxes e arquivos de probas que se distribúen ao longo do ano e evitar confusións pola publicación de probas que terían apenas tres semanas de validez.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información