A supertaxa láctea poderase pagar en tres anos

O Consello de Ministros aproba que o pagamento graduado se poda realizar en tres prazos sen intereses nos meses de setembro de 2015, 2016 e 2017. Afectará a uns 100 gandeiros galegos que terán que pagar ao redor de 6 millóns de euros.

A supertaxa láctea poderase pagar en tres anos

O Consello de Ministros aprobou hoxe un Real Decreto, polo que se aplica en España o Regulamento da Comisión, que permite efectuar o pagamento graduado da taxa láctea correspondente ao período 2014 -2015.

O pagamento graduado poderase realizar en tres prazos sen intereses, El primeiro deles ata o 30 de setembro de 2015, co pagamento de polo menos un terzo do total. O segundo prazo ata o 30 de setembro de 2016, co pagamento tamén de polo menos un terzo do total e o terceiro prazo ata o 30 de setembro de 2017 co último terzo do total.

O pagamento da taxa efectuarase polos compradores e polos gandeiros de venda directa. No caso dos compradores, deberán repercutir aos produtores as cantidades nas mesmas porcentaxes nas que fixesen os pagamentos.

O pagamento graduado considérase como un dereito do gandeiro, non como unha obriga, polo que se non queren acollerse a esta posibilidade abonda con manifestar a súa vontade en contra, ou ben facer o pagamento da cantidade debida dunha soa vez antes do 30 de setembro de 2015.

Uns 100 gandeiros en Galicia

A campaña láctea 2014-2015, a última na que estivo en vigor o sistema de cotas lácteas, concluíu en España cun sobrepasameento dunhas 40.000 toneladas, segundo as estimacións provisionais do Ministerio de Agricultura. Ese sobrepasamiento xerará unha sanción, coñecida como supertaxa, duns 11 millóns de euros. Agricultura estima que a multa afectará a ao redor de 150 gandeiros que produciron moi por enriba da súa cota.

En Galicia afectará a uns 100 gandeiros que terán que pagar ao redor de 6 millóns de euros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información