“A herba é a forraxe máis barata para o gandeiro e mellor para a vaca”

Entrevista a Josep María Romero Font, veterinario e técnico asesor independente de granxas lácteas. Pronunciou este xoves unha conferencia sobre “Xestión económica en explotacións” dentro do XXI Congreso Anembe de Medicina Bovina, que se celebra estes días en Santiago de Compostela

“A herba é a forraxe máis barata para o gandeiro e mellor para a vaca”

Josep María Romero Font no congreso de ANEMBE

Josep María Romero Font, veterinario e técnico asesor independente de granxas lácteas, pronunciou este xoves unha conferencia sobre “Xestión económica en explotacións” dentro do XXI Congreso Anembe de Medicina Bovina, que se celebra estes días en Santiago de Compostela

Cales son os erros máis comúns que se cometen na xestión económica das explotacións lácteas?
O primeiro e o máis difícil de corrixir é que o gandeiro non coñece ben a realidade económica da súa explotación. Temos un bo coñecemento da realidade produtiva das explotacións grazas aos datos de Control Leiteiro, pero non pasa o mesmo coa realidade económica. Habería que empezar por coñecer o gasto, o concepto máis sinxelo e dinámico, que permite coñecer a realidade da granxa para tomar decisións.

A situación que revele ese mapa do gasto da explotación determinará as decisións para tomar. Así, haberá granxas que teñan difícil remontar, sobre todo as que deben máis diñeiro, as que teñen menos subvención….etc. Sirva como exemplo que hai explotacións en situacións límite nas que as amortizacións dos préstamos chegan a supoñer ata 12 céntimos por litro nos custos de produción.

“Gandeiros eficientes, sen grandes cargas financeiras e cun prezo de mercado superarán sen problema esta crise”

Así, á hora de avaliar a viabilidade económica dunha explotación agora deberiamos poñer en primeiro lugar, antes non, o factor prezo do leite; en segundo lugar as cargas financeiras e en terceiro lugar a eficiencia.

Desta forma, gandeiros que sexan eficientes, que non teña cargas financeiras e que ten un prezo de mercado superará sen problemas esta crise. Hai moitas explotacións deste tipo en Galicia, de explotacións que souberon aproveitar ben as subvencións para dimensionarse e gañar en eficiencia.

En que fallaron as explotacións que non aproveitaron ben as axudas?
Sobre todo en sobredimensión do absurdo: da maquinaria, dos establos…etc. É dicir, de comprar salas de muxido para moitas máis vacas das que se vai munguir, de comprar tractores de gran tamaño que logo non entran nas leiras nin están adaptados ao terreo…etc.

Ademais, como en moitos casos estes investimentos xa están pagadas non se teñen en conta. Pero hai que pensar nun concepto de custo a máis longo prazo no que contan as depreciacións, as amortizacións..etc, que a afectos de custos son determinantes para a estabilidade dun negocio.

Falas de custo de oportunidade,  en que consiste?
É o custo de depreciación que ten unha máquina co paso do tempo. Se non se ten en conta na contabilidade o día que teñamos que cambiala non teremos diñeiro para comprar outra. É dicir, dentro do capítulo de custos hai que aplicar os custos anuais de depreciación das cousas.

Compensa facer a recría das xovencas a todas as explotacións?
A recría está de moda pero hai moita variación de custos entre unhas explotacións e outras, e en función diso débese decidir se compensa facela na propia explotación ou non. É dicir, unha explotación con 100 vacas e 100 xovencas terá uns custos de recría enormes que absorverán a rendibilidade das vacas. En Galicia hai todo tipo de situacións. Se teño a superficie limitada o gandeiro pode decidir se esas 15 ou 20 xovencas compénsalle non telas para gañar 15 ou 20 prazas de vacas, a condición de que poida vender o leite, claro. Hai que analizar cada situación.

“Hai que incluír os custos de depreciación da maquinaria”

Cal é a marxe de custos de produción no que se moven as explotacións en Galicia?
A maioría das granxas coas que traballo son explotacións dimensionadas e que xa fixeron os deberes en materia de eficiencia. A cifra mediana no pasado 2015 foi duns 32,5 céntimos de custos de produción por litro. As explotacións que non teñen excesivas cargas financeiras sorprendéronme, pois tiveron un resultado económico máis positivo do que esperaba. Con todo, esta 2016 pinta mal.

Que medidas aconsellaríaslle aos gandeiros para aguantar mellor esta situación de baixos prezos do leite?
Débense facer máis eficientes todos os apartados. No caso da alimentación, que supón máis do 50% dos custos de produción, podo facer máis eficiente o penso mediante o bo manexo. É dicir, podo facer a mesma ración para varias granxas para lograr 35 litros por vaca, pero con todo nunhas producen 32 e noutros 39 litros. A diferenza estriba no bo manexo, que é bo estado sanitario, bos cubículos, comodidade, boa hixiene…etc.

En canto á forraxe, hai que apostar pola calidade, non pola cantidade. É moito máis rendible menos quilos dun forraxe pero de calidade, e restalos de penso, que non moitos quilos de mala calidade, que non só liberan do penso senón que o encarecen.

O problema é que falta ás veces falta un asesoramento técnico independente, non mediado por intereses comerciais. Isto provocou que os gandeiros se teñan lanzado algunhas veces a plantar millo coma tolos, perdendo eficiencia do uso da superficie. Hai que lembrar que o millo a partir de determinados quilos é limitante para a produción de leite.

 “A experiencia dime que o gandeiro onde gaña diñeiro é cun bo silo de herba”

Penso que hai que volver facer bos silos de herba, un cultivo no que Galicia ten un potencial enorme. A miña experiencia dime que o diñeiro para o gandeiro está no silo de herba, aínda que para as empresas comerciais sexan menos rendible que o cultivo de millo. Así, tiven explotacións nas que baixaron os custos de produción 2 céntimos por litro grazas a un bo silo de herba que permitiu baixar os quilos de penso.

O sector ten que aprender a sacrificar hectáreas de millo, pero non se debe sacrificar nin unha soa hectárea de herba de boa calidade. Non hai nada máis barato para o gandeiro nin mellor para a vaca que un bo silo de herba.

Una idea sobre ““A herba é a forraxe máis barata para o gandeiro e mellor para a vaca”

  1. Anónimo

    Quiero comentar algo sobre los silos de hierba. Creo que al veterinario se le olvida un poco el problema principal que galicia tiene a la hora de conseguir un buen silo de hierba, para poder decir que es más economico que un silo de maiz. ES EL CLIMA. La época de ensilado de la hierba coincide con la primavera, que se caracteriza por un clima muy variable, lo cual complica poder conseguir silos de buena calidad. En cambio, en la época de ensilado del maiz no tenemos estes problemas, por lo que los forrajes tendran una mayor calidad. Esto implicaria en los costes de dichos cultivos.
    Con esto no quiero decir que un cultivo sea mejor que el otro. Creo que las explotaciones de leche necesitan de los dos cultivos, incluso sería bueno poder tener otro cultivo más.
    No creo que el cultivo del raygras sea más barato que el maiz. La prueba esta en los silos de hierba que este año van a tener los ganderos por culpa de la climatología. Silos de baja calidad con un coste alto.
    Tenemos que ser más prudentes con nuestras opiniones basadas en pocos datos reales.
    Donde el coste por hectarea del silo de hierba, con el resultado de las análiticas que se ven en las explotaciones, nos indican que esa proteína la hemos pagado mucho y en algún caso muchisimo.
    De todas formas quiero recalcar, que las explotaciónes necesitan buscar forrajes de calidad para reducir costes. Sea hierba o maiz. Pero si la explotación es mía, no me jugaria la alimentación del ganado con un solo forraje. Si el clima no ayuda y solo tienes hierba podrías tener un problema grave.
    Por ultimo comentar que en Galicia tenemos grandes ingenieros agricolas para mejorar las producciones de los forrajes y grandes veterinarios para mejorar la ganaderia. Cada uno a lo suyo.

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información