A gandería galega e europea faise menos dependente da soia

Os datos de AGAFAC e da FEFAC amosan un descenso das importacións de soia como fonte de proteína animal, fronte aos DDG´s e, sobre todo, á colza. A Comisión Europea márcase como obxectivo reducir a dependencia da soia importada

A gandería galega e europea faise menos dependente da soia

Graos de soia

A soia, a principal fonte de proteína na alimentación da cabana gandeira da Unión Europea, para a produción de carne e leite, está perdendo peso tanto en Galicia como no conxunto da UE. Así se desprende dos últimos datos tanto da Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (AGAFAC) como da Federación Europea de Fabricantes de Alimentos Compostos (FEFAC).

Así, a soia pasou de representar no ano 2008 o 20% do penso fabricado en Galicia (2,7 millóns de toneladas),  ao 14,3% do total de penso fabricado (2,9 millóns) en 2014. En toneladas, o consumo de soia en alimentación animal en Galicia pasou de 545.000 toneladas a 415.000 toneladas.

Pola contra, se no 2008 o consumo de colza en Galicia para alimentación animal foi dunhas 18.000 toneladas anuais, segundo as estatísticas de AGAFAC, no 2014 o consumo de colza na nosa comunidade foi dunhas 194.000 toneladas, toda procedente de Centroeuropa e de Francia. No mesmo período, tamén aumentou a súa presenza os DDG´S -fundamentalmente millo procedente das plantas de biodiésel-, que pasaron de 77.000 toneladas a 96.000 toneladas.

Consumo anual (t/año) de pienso y DDGS, TS, TC, TG y pienso en la Comunidad Autónoma de Galicia entre los años 2008 y 2014. Agafac, 2015

GALICIA, t/año

2008

2009

2010

2011

2012

2013

2014

DDGS

77.803

77.352

83.210

106.049

81.416

71.794

96.644

TS

545.940

444.734

455.098

451.525

339.571

308.261

415.621

TC

17.971

74.506

99.095

118.000

171.016

137.199

193.743

TG

38.769

45.451

38.790

33.859

40.415

40.684

52.491

Pienso

2.723.426

2.6360648

2.699.997

2.732.113

2.7530590

2.762.315

2.909.027

Gráfico 1.6. Evolución del consumo (t/año) de materias primas proteicas en Galicia
(España) desde el año 2008 al 2014. AGAFAC, 2015

EVOLUCION_SOIA_GZ

O conxunto da UE tamén reduce as importacións de soia

No conxunto da Unión Europea tamén se ven producindo unha caída das importacións de soia no período 2005-2013, segundo os datos de FEFAC. Así, pasou de importar, fundamentalmente de Sudamérica, uns 35 millóns de toneladas no ano 2005 a uns 27 millóns de toneladas no 2013. Este descenso viuse compensado fundamentalmente polo aumento da produción europea de colza -pasou de 7 a uns 13 millóns de toneladas no mesmo período e, en menor medida, de xirasol.

Gráfico 1.5. Evolución del consumo de materias primas proteicas (miles de t) en la UE-27 desde el año 2005 al 2013. FEFAC, 2013; FEDIOL, 2014.

EVOLUCION_SOIA_UE

A Unión Europea márcase como obxectivo reducir a súa dependencia da soia importada

Precisamente a Comisión Europea traballa dende hai anos no obxectivo de reducir a dependencia do exterior da proteína vexetal tanto para alimentación humana como animal, e en especial da soia.

Neste contexto, enmárcase a crecente produción de colza e de xirasol na Unión Europea e as reducións das importacións de soia. “É estratéxico para a Unión Europea depender cada vez menos das importacións de soia, xa que se importa en máis dun 90% e a dependencia de proteína vexetal exterior é de máis dun 70%. Neste sentido, o feito de producir en Europa colza e DDG´s axuda a reducir esa dependencia”, conclúe Eugenio Cegarra, director do Departamento de Formulación da empresa Núter Feed e membro da Comisión Técnica de AGAFAC.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información