A feira Cimag – Gandagro pecha con 21.000 asistentes

A feira Cimag – Gandagro pecha con 21.000 asistentes

Vista do pabillón adicado a maquinaria agrícola un dos días da feira Cimag-Gandagro. / Imaxe: Semana Verde.

A feira Cimag – Gandagro, que se celebrou ata o pasado sábado en Silleda, concluiu con máis de 21.000 asistentes, segundo os datos da Feira Internacional de Galicia. A organización amosouse satisfeita coa afluencia e destacou que no último día do certame rexistráronse aglomeracións como as da feira Semana Verde de Galicia. A maioría dos asistentes foron profesionais agrarios de Galicia e dos territorios próximos, caso da cornisa cantábrica ou Portugal.

Cimag – GandAgro foi a primeira cita desta feira, nada da fusión de dous certames que antes se celebraban por separado: o Monográfico da Gandería e a Agricultura (GandAgro) e o Certame Internacional de Maquinaria Agrícola (Cimag). A feira contou con 168 expositores directos que ocuparon os dous principais pabillóns do recinto. A superficie neta de exposición, sen contar corredores e zonas comúns, foi superior ós 10.000 metros cadrados.

O certame incluiu ademais unha vintena de conferencias adicadas a cuestións técnicas de distintos sectores, así como concursos morfolóxicos de raza frisona.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información