A feira Cimag-Gandagro celebrarase do 26 ó 28 de xaneiro

O comité organizador do certame, que se desenvolverá na Feira Internacional de Galicia, en Silleda, ultima o programa de actividades

A feira Cimag-Gandagro celebrarase do 26 ó 28 de xaneiro

Reunión do comité organizador de Cimag-Gandagro.

A feira Cimag-Gandagro, especializada en maquinaría agrícola e gandería, celebrará a súa segunda edición do 26 ó 28 de xaneiro do 2017, co cal terá unha duración de tres días. Nun inicio, a organización barallara adicar catro días ó certame, pero o sector acordou finalmente concentrar e intensificar a actividade en tres días.

O comité organizador do evento mantivo unha reunión estes días para ultimar o programa de actividades. O encontro estivo presidido polo director da Fundación Semana Verde, Ricardo Durán, e pola directora xeral de Gandaría, Belén do Campo.

Entre outras cuestións, a reunión serviu tamén para valorar a evolución da contratación e a promoción do certame, que se celebrará na Feira Internacional de Galicia, en Silleda.

Participaron no encontro máis de vinte representantes de entidades e empresas con gran peso nos sectores da agricultura, gandería e maquinaria, deixando patente o seu apoio: a Federación Galega de Produtores de Porcino (FEGAPOR), Federación Frisona Galega (FEFRIGA), Africor Pontevedra, Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (AGAFAC), Xenética Fontao, Nudesa, Delaval Equipos, Semillas Rocalba, Agapel, Protección Verde, Grupo Agroamb, Rosber, Imán, Agrotec Entrecanales, Cardelle Hidráulica, Class Ibérica, Kuhn Ibérica, Tecnor Lalín Maquinaria, Maxideza, Deltacinco, Hitraf e a división Agro e Mar de Abanca.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información