Quince novos produtos lácteos que marcan tendencia

O Clúster Alimentario de Galicia analizou nunha xornada as innovacións que están a lanzar as industrias lácteas a nivel global

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) celebrou unha xornada adicada a analizar as tendencias globais do sector lácteo que se veñen detectando no último ano. O evento, dirixido ás empresas galegas do sector, fixo un repaso polo comportamento dos mercados e polas principais innovacións a nivel global.

Iogur para nenos en tubo exprimible.

Iogur para nenos en tubo exprimible.

Os lanzamentos da industria láctea están a orientarse a produtos saudables, máis naturais e ecolóxicos. Por categorías, o posicionamento de mercado do leite e das bebidas lácteas presenta no último ano (agosto 2016 – agosto 2017) tres tendencias principais: produtos ecolóxicos e/ou éticos (36,5% dos lanzamentos), produtos baixos en graxa (34,8%) e leites funcionais ou fortalecidas en vitaminas e minerais, que suman un 31%. Houbo tamén un 14% dos lanzamentos que se posicionaron como libres de aditivos.

Nas innovacións enfocadas a un público infantil (11,4%), búscase unha diferenciación no packaging, principalmente con personaxes de debuxos animados, e tamén se procuran mensaxes saudables dirixidas ás persoas compradoras dos produtos.

Iogures e queixos
En iogures, as mensaxes ligadas á saúde son as que predominan. Os produtos baixos en graxa representan un 28,7% dos lanzamentos e cobran importancia os iogures baixos en azucre, que son xa un 8,9% dos novos produtos.

O etiquetado limpo, de alimento sen aditivos e conservantes, acada o 19% dos lanzamentos. De ser unha tendencia, a elaboración de produtos máis naturais comeza a ser unha necesidade, ao percibir o consumidor os aditivos e conservantes como perxudiciais para a saúde.

Mighty Cool, leite para nenos.

Mighty Cool, leite para nenos.

As alternativas non lácteas están tamén a gañar peso no mercado de iogures, con sabores emerxentes como o coco, o anacardo ou a chía.

En queixos, a mensaxe publicitaria predominante nos lanzamentos foi a de ‘Apto para (…)’, cun 44%, seguido pola categoría natural (16,3%), envase práctico (12,7%) e sen (8%).

De entre as innovacións que saíron ó mercado no último ano, figuran as seguintes 15:

Leite con sabor a caramelo. Entre as bebidas lácteas con sabores, o sabor que máis medrou no último ano foi o de caramelo, cun aumento do 161% nos lanzamentos. O sabor chocolate aumenta un 15,9% e o fresa un 6,5%.

As bebidas lácteas con sabores representan un 5,3% da cota de mercado a nivel global. Espérase que perdan peso ao longo dos próximos anos, pois polo seu alto contido en azucres, son percibidas como menos saudables.

Hero línea. Bolsiña de leite con cereais e chocolate (España). Contén 73 calorías e é un produto baixo en graxa, cun contido máximo do 0,9%.

Kellogg’s All Brain (México): Produto lácteo instantáneo, sen lactosa e alto en fibra e con aditivos de vitaminas A e D.

Arla protein, para deportistas.

Arla protein, para deportistas.

Norco Mighty Cool (Australia). Bebida láctea con sabor a fresa dirixida a nenos e que contén o 60% das necesidades diarias de calcio. Inclúe tamén 10 vitaminas e minerais.

Arla protein (Dinamarca). Iogur líquido sabor a plátano e vainilla rico en proteínas, que axuda a manter e aumentar a masa muscular. É un produto que se enmarca na tendencia de bebidas funcionais orientadas cara deportistas.

Cola Cao Shake (España): Bebida para levar, ‘on the go’, elaborada cun envase que permite consumir este produto en calquera sitio con facilidade.

Live Real Farms Energy Drinks (Estados Unidos). Batido enerxético lanzado nun envase de cartón reciclable.

Sojade So Soya (Bélxica). Iogur con sabor a rosa e frambuesa, sen glute e libre de transxénicos. Os lanzamentos de iogures con sabor a rosa medraron un 321% no último ano a nivel global.

Cola Cao nun envase para levar.

Cola Cao nun envase para levar.

Flor de Burgos Aloe Vera. Iogur baixo en graxa con aloe vera, co que se busca mellorar o sistema inmunolóxico e dixestivo.

Dannon (Reino Unido). Iogur grego sen graxa e endulzado con folla de estevia. Dispoñible en sabores cereza, coco, froitos do bosque, mango, melocotón, fresa e vainilla.

Dreaming Cow (Estados Unidos). Iogur procedente de leite de vacas criadas en libertade.

Yura. Iogur cun envase feito por un diseñador, inspirado nos tradicionais biberóns. O envase preséntase en tubos para exprimir, que se consideran ideais para nenos pequenos. Os lanzamentos de iogures en envases tipo tubo medran un 185% e tamén aumentan os lanzamentos en frasco (36%). O tipo de envase máis empregado, con todo, continúan a ser as cubetas (62%) e as botellas (22%).

Iogur 'Dreaming cow'.

Iogur ‘Dreaming cow’.

Boursin (Francia). Cubos de queixo cremoso con allo e herbas. Nos lanzamentos de queixo, o sabor predominante no último ano é o natural, observándose un lixeiro aumento do sabor a herbas. Os sabores a allo, picantes e marinados tamén ascenden, pero sen ser moi representativos.

– Charlie Ben (Sudáfrica). Queixo envasado individualmente, para maior comodidade.

Milkana (China). Queixo con sabor a café nun envase con cuchara.

Mercados
Estados Unidos continúa a ser o primeiro mercado mundial para o sector lácteo, pero espérase que China se poña en cabeza no 2022. Como terceiro mercado figura Brasil e en cuarta posición está Xapón, aínda que tamén se agarda que se vexa superado por India no 2021.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información