6.000 euros por unha xovenca na Poxa de Elite de Gando Frisón celebrada en Curtis

Cundis Miriam Hotline FIV ET foi vendida esta mañá na III Poxa de Gando Frisón de Élite de Curtis por 6.000 euros. Velaquí os resultados completos da poxa...

6.000 euros por unha xovenca na Poxa de Elite de Gando Frisón celebrada en Curtis

Cundis Miriam Hotline FIV ET foi vendida esta mañá na III Poxa de Gando Frisón de Élite de Curtis por 6.000 euros

Cundis Miriam Hotline FIV ET , unha xovenca de 14 meses da gandería Cunordam SC, de Zas, foi vendida esta mañá na III Poxa de Elite de Gando Frisón, celebrada en Curtis por 6000 euros a dous mozos gandeiros de Rodeiro e Touro.

Finalmente saíron a poxa 17 animais procedentes de 8 das mellores ganderías por cualificación xenética de Galicia, con resultados positivos de asistencia de gandeiros, algúns chegados de Asturias, e económicos. Foron vendidos 15 dos animais con prezos que oscilaron entre os 1.800 euros e os 6.000 euros.

Esta foi a cantidade que acadou Cundis Miriam Hotline FIV ET, un animal moi equilibrado, con 4.087 puntos GICO e 10 xeracións MB/Excelente no seu pedigrí. Esta xovenca leva consigo un contrato por 4 embrións e un de macho con Xenética Fontao. Esta foi a poxa máis disputada, xa que o prezo de saída foron 2.100 euros.

Tras ela, o segundo mellor prezo foi para outra xovenca, neste caso da gandería SAT A Campa, de Curtis. Trátase de Campa Imax 0338 Red, unha roxa con 4.233 puntos GICO, que acadou os 4.600 euros. O terceiro posto foi para outro animal desta gandería coruñesa, CAMPA SOLOMON MEGADEA, unha vaca primeiriza que foi mercada por 3.900 euros. O volume de negocio da poxa ascendeu a 48.100 euros.

Esta III Poxa de Elite de Gando Frisón foi organizada pola empresa galega Embriomarket S.L e polo Concello de Curtis co obxectivo de dar saída comercial á alta xenética que se está a acadar nas ganderías de vacún de leite de Galicia.

Daniel Martínez Bello (Embriomarket): “Arriscamos sacando a poxa animais novos, de menos de 7 meses”

O director da poxa, Daniel Martínez Bello, de Embriomarket, asegura que a valoración desta III Poxa de Elite de Gando Frisión “é moi positiva en canto a participación dos gandeiros á hora de ofrecer animais de alta xenética para a venda”. “En canto aos resultados económicos -engade-, hai espazo para a mellora pois a venda da metade deles foi nun prezo razoable e cubrindo as expectativas dos propietarios e a outra metade foi unha compra excepcional para os gandeiros que as adquiriron debido a que a demanda non foi o suficientemente alta”.

Por último destaca que “nesta edición arriscamos en canto á idade dos animais, pois había varios por debaixo de 7 meses de vida, e este quizás foi un dos factores máis novidosos”.

Resultados da poxa:

INDENTIFICACIÓN PREZO SAÍDA PREZO FINAL
CAMPA CLUN SPECIAL 1800 1900
NODI JEDI MADONNA FIV ET 2100 2100
ABONXO FLAGSHIP SPEZI RED ET 2100 2100
CUNDIS CAROLINA DOC FIV ET 1800 2700
CASAGABINO K.ROYAL LUNA FIV ET 2100 2600
CAMPA IMAX 0338 RED 2100 4600
CASA NOVA ATLEE SOLOMON 1212 ET 1800 3000
ABONXO FLAGSHIP SILVIA ET 1800 Non adxudicada
CAMPA SOLOMON MEGADEA 2500 3900
JAIME NODI VANHALEN 913 ET 2100 3300
CUNDIS CISMA PINNACLE 1800 3700
ABONXO FLAGSHIP SPECIAL ET 2100 Non adxudicada
CASA NOVA POMPEYA TOOHOT 1180 2100 2300
CUNDINS IRENE INAX 1800 3200
ABONXO BI BATTLE ARIZONA 1800 1800
CUNDIS MIRIAM HOTLINE 2100 6000
CAMPA CLEVER MITCIONERA 0308 2100 4000

Consulta aquí o catálogo da poxa. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información