Só 205 granxas acóllense ás axudas da Xunta para mellorar a liquidez das explotacións

A Consellería do Medio Rural notificará a vindeira semana aos beneficiarios. Dos 3 millóns de euros cos que contaba a convocatoria, só se cubriron 1,7 millóns, algo que dende a Xunta atribúen á mellora nos prezos do leite.

Só 205 granxas acóllense ás axudas da Xunta para mellorar a liquidez das explotacións

A Consellería do Medio Rural notificará a vindeira semana a concesión das axudas para mellorar a liquidez das explotacións aos beneficiarios destas achegas, que son 205 en toda Galicia, por un importe total de 1,7 millóns de euros. A convocatoria contaba cunha partida de 3 millóns de euros, que non se cubriu pola falta de solicitudes suficientes, algo que a conselleira atribuíu esta semana á melloría nos prezos do leite.

Estas subvencións van destinadas aos titulares de explotacións leiteiras que estean en dificultades financeiras derivadas da súa actividade. Servirán para que poidan facer fronte aos pagos pendentes cos seus provedores, así como ao endebedamento derivado dun investimento realizado na mellora das súas granxas.

As achegas teñen a consideración de axuda de mínimis consonte á normativa comunitaria, polo que o importe máximo que vai percibir cada beneficiario está limitado a 15.000 euros.

Grazas a estas novas achegas, a Xunta de Galicia pretende dotar de liquidez a aqueles titulares de explotacións que se atopan en dificultades económicas, pero que no seu momento apostaron por mellorar e modernizar as súas granxas. Para iso, moitos tiveron que solicitar algún tipo de crédito que os introduciu nun estado de endebedamento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información