2.550 € por Campa Defender Shona na Poxa de Xovencas de Mazaricos

2.550 € por Campa Defender Shona na Poxa de Xovencas de Mazaricos

Campa Defender Shona na Poxa de Xovencas de Mazaricos

Este domingo celebrouse en Mazaricos a X Poxa de Xovencas de Raza Frisona, organizada por Africor-Coruña, o Concello de Mazaricos e a asociación Gandeiros de Mazaricos. Adxudicáronse as 18 xovencas que saíron á venda por un importe total de 35.950 euros e unha media de 1.997 euros por animal.

A xovenca máis cotizada foi Campa Defender Shona FIV ET, vendida en 2.550 € ao gandeiro de Santiago, Jorge Míguez. Trátase dunha filla do touro americano Defender, descendente dunha reprodutora xurdida da finca ET de Bos.

Tamén acadaron boas cotizacións “Nuveira Pita Jordan”, adxudicada a gandería Couquiño S.C. de Dumbría, en 2.300 €, e “Vieites Tera Bradnick”, comprada pola explotación “Rodriguez Paredes S.C.”, de Trazo.

Resultados:

XOVENCA

VENDEDOR/A

COMPRADOR/A

PREZO

MAROÑAS 472 ROXTON GANADERIA MAROÑAS JUSTO GESTO Y ESPOSA

1.700

MAROÑAS 470 XACOBEO GANADERIA MAROÑAS JUSTO GESTO Y ESPOSA

1.800

BUSTO CORZON 096 TOPO BUSTO CORZON SAT GRANXA TRILLO S.C.

1.700

BUSTO CORZON 094 LAZARITH BUSTO CORZON SAT GRANXA TRILLO S.C.

1.700

MAROÑAS 467 XACOBEO GANADERIA MAROÑAS GANADERIA CANABAL

2.150

BUSTO CORZON TEMPTATIOR BUSTO CORZON SAT GRANXA TRILLO S.C.

1.850

HURDEIRO XACOBEO 9243 GRANXA HURDEIRO COUQUIÑO S.C.

1.900

MARTO SYMPHONY 7691 SABINO DOMINGUEZ LOPEZ GANADERIA CANABAL

1.700

VIEITES CHICA AIRLIFT RAMON BODELO PICHEL COUQUIÑO S.C.

2.000

BLANCO MASCALESE 0603 BLANCO DE LAGO GANADERIA CANABAL

2.000

2516 ARCADIA GRANXA O CANTEIRO COUQUIÑO S.C.

2.100

BUSTO CORZON 067 BUSTO CORZON SAT LOPEZ DE BUXAN S.C.

2.000

CAMPA DEFENDER SHONA SAT A CAMPA JORGE MIGUEZ PRADO

2.550

AGRICOLA CAMINO PALOMA AGRICOLA DEL CAMINO S.L. COUQUIÑO S.C.

2.050

MUÑIZ RUSH 8 JOSE MANUEL MUÑIZ GARCIA JUSTO GESTO Y ESPOSA

2.100

NUVEIRA CABIRTA SNOWART JOSE MANUEL LADO PEREZ GANADERIA CANABAL

2.100

VIEITES TERA BRADNICK RAMON BODELO PICHEL RODRIGUEZ PAREDES S.C.

2.250

NUVEIRA PITA JORDAN JOSE MANUEL LADO PEREZ COUQUIÑO S.C.

2.300

   

TOTAL VENDAS

35.950

IMPORTE MEDIO

1.997

Africor Coruña destaca a afluencia de compradores

Como gratificacións á compravenda agasalláronse 6 doses de seme (3 de “Delano” e 3 de “Quixote”), por xentileza de Xenética Fontao, para cada un dos animais vendidos na poxa. Tamén se sortearon entre os compradores, por deferencia de distintas casas comerciais, 6 vales de produtos ou servizos, colaboración que a organización agradece a todas estas entidades.

Dende Africor Coruña destacan tamén a gran afluencia de público e de compradores e o éxito da poxa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información