Xornada sobre o manexo do solo e da auga nas explotacións de horta ecolóxica

A Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar acollerá o vindeiro mércores 27 e xoves 28 diversas ponencias sobre aspectos como os sistemas de rega, a loita biolóxica contra as pragas e a fertilización do solo

HORTA_ECOCELTAA Asociación Raíña organiza unha nova xornada formativa: Manexo do solo e da auga en produción ecolóxica de horta. Terá lugar na Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar os días 27 e 28 de novembro.

Abordaranse aspectos como os sistemas de rega, a loita biolóxica contra as pragas ou a fertilización do solo. Os distintos coñecementos serán impartidos por técnicos como Óscar Antón Pérez García, enxeñeiro técnico agrícola responsable da sección de horta de CLUN, que falará o mércores 27 dos sistemas de rega e da biodiversidade como control biolóxico de pragas. Pola tarde haberá unha práctica de como instalar refuxios para a fauna beneficiosa, como morcegos, insectos e páridos.

O xoves 28 o programa estará centrado no solo e a súa fertilización e o encargado de impartir as ensinanzas será o agrónomo Xan Pouliquen. Pola tarde analizaranse distintas experiencias de produción ecolóxica.

A asistencia a estas xornadas técnicas organizadas polo departamento de Promoción da Calidade Alimentaria da AGACAL ten carácter gratuito, sendo necesario anotarse cubrindo o seguinte formulario de inscrición e enviándoo por fax ao número 982416030 ou por correo electrónico a [email protected] antes do luns 25. Para máis información e reservas tamén se pode chamar aos teléfonos 982405300 ou 693747500 ou contactar no email [email protected]

PROGRAMA COMPLETO:

Xornada Produción ecoloxica en horta Vilasantar

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información