Xornada sobre identificación e control de pragas na horta

Xornada sobre identificación e control de pragas na horta

Tomates afectados por mildio.

O Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense organiza o próximo mércores día 20 unha xornada técnica sobre a identificación e control de pragas e enfermidades en cultivos hortícolas.

Víctor Manuel González, enxeñeiro agrícola e experto en cultivos de horta e flor, que actualmente desempeña esta función na empresa Promoinver Galicia, será o encargado de impartir a formación. O experto tratará algunhas das afeccións máis común nas hortas, así como o seu control.

A sesión celebrarase na Casa da Cultura de Xinzo de Limia (Ourense) e terá unha duración de 4 horas en horario matinal, de 10.00 a 14.00 horas. A inscrición na xornada é gratuíta e obrigatoria, polo que as persoas interesadas deberán remitir a solicitude ó enderezo electrónico alipio.bermudez.couso (arroba) xunta.gal. Tamén se poderá obter máis información nos teléfonos 988 386 692 e 988 386 684. A actividade está destinada a persoas vinculadas profesionalmente co agro ou con expectativas de incorporación, en especial para xente moza do rural galego.

A continuación detallamos o programa da xornada:

-10.00 – 11.00 horas. Introdución. Control integrado de pragas e manexo cultural do solo e dos cultivos intensivos de horta.

-11.00 – 12.00 horas. Pragas máis comúns nos cultivos hortícolas e o seu control químico e biolóxico.

-12.00 – 12.15 horas. Pausa.

-12.15 – 14.00 horas. Enfermidades máis comúns nos cultivos hortícolas e o seu control químico.

 

-Descarga aquí a solicitude para formalizar a inscrición na xornada.

 

Cartel-Xornada-Horta-Xinzo-de-Limia-2019-

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información