Xornada sobre identificación e control de pragas en froiteiras

Desenvolverase o 4 de decembro pola mañá en Ourense e abordará tanto a loita química tradicional como a produción integrada de cultivos

Publicidade

O Servizo de Explotacións Agrarias de Ourmoteado_maceira_standarense organiza o vindeiro 4 de decembro unha xornada de transferencia do coñecemento titulada: “Identificación e control de Pragas e Enfermidades en froiteiras”.

A xornada terá lugar o día 4 de decembro de 2019 no salón de actos da Xefatura Territorial de Medio Rural en Ourense, rúa Florentino Cuevillas, 4-6 baixo, en horario de mañá de 10 a 14 horas.

O relator das xornadas é João Calixto, enxeñeiro agrícola especializado en cultivos de froiteiras que actualmente desempeña esta función na empresa Hortoverin, S.L. Falará sobre a loita química tradicional e sobre a protección e produción integrada dos cultivos e de maneira concreta sobre cultivos específicos como mazá, cereixa, pequenos froitos e outras froiteiras.

Para inscribirse é necesario cubrir o seguinte formulario e envialo por correo electrónico a alipio.bermudez.couso@xunta.gal. Para máis información pode chamarse aos teléfonos 988386692 ou 988386684.

PROGRAMA COMPLETO: 
Cartel difusion xornada froiteiras Ourense1_Página_1Cartel difusion xornada froiteiras Ourense1_Página_2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información