Xornada na Limia sobre a fertilización no agro

O evento, organizado polo Inorde, enmárcase no programa Life Regenera Limia, que ten como obxectivo a redución dos nutrintes de orixe gandeira nas masas de auga da comarca

Publicidade
Publicidade
Data inicio: 21/12/2016
Data fin: 21/12/2016
Lugar: Xinzo de Limia, Ourense, España

O Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) organiza este mércores unha xornada para fomentar no agro medidas de fertilización que reduzan a contaminación das masas de auga. A acción enmárcase no programa Life Regenera Limia, cofinanciado por fondos europeos, que ten por obxectivo diminuír a presenza de nutrintes de orixe gandeira nos ríos e encoros da comarca.

O programa do evento, que se desenvolverá este mércores 21 no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo, é o seguinte:

9.30 horas – Presentación de avances do proxecto Life Regenera Limia (Alberto de Anta, Confederación Hidrográfica Miño Sil).

10 horas – Medidas de condicionalidade da PAC: o pago verde (José Julián Bermello, xefe de servizo do Fondo Galego de Garantía Agraria -Fogga- en Ourense).

10.45 – Fertilización ecológica. (Xisela Fernández, asesora de explotacións en ecolóxico).

11.30 – Pausa café.

12 h. – Boas prácticas agrícolas na mecanización dos cultivos: redución da pegada de carbono e agricultura de conservación (Jesús Expido, Universidade de Santiago).

12.45 h. – Racionalización da fertilización dos cultivos: sistema integrado de xestión de estercos e fertilizantes. (Servando Álvarez, director técnico do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro – Inorde).

13.30h – Debate.

14.00h – Peche da xornada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *