Xornada formativa sobre cultivo de mazás en agricultura ecolóxica

Xornada formativa sobre cultivo de mazás en agricultura ecolóxica

Mazás ecolóxicas na Estrada

Data inicio: 01/10/2018
Data fin: 02/10/2018
Lugar: Concello de Abegondo, San Marcos, Abegondo, España

A Oficina Agraria Comarcal de Cambre, centro dependente da Consellería do Medio Rural, en colaboración co Concello de Abegondo, organizan os días 1e 2 de outubro unha xornada sobre “Maceiras en agricultura ecolóxica: Confusión sexual”.

Impartiranse na Casa do Concello de Abegondo e as persoas interesadas poderán informarse chamando ao teléfono 881 880 355

Programa:

1 de outubro:

9:30 h. APERTURA DAS XORNADAS
• D. José Antonio Santiso Miramontes. Alcalde de Abegondo.
• Representante da Consellería do Medio Rural.

10:15 h. O CRAEGA: Organigrama, inscrición e controis na fruticultura ecolóxica.
• D. Manuel Mª Cancio Álvarez. Director Técnico CRAEGA. Enxeñeiro Técnico Forestal.

11:45 h. Pausa.

12:15 h. A COOPERATIVA ULLAMA EN FRUTICULTURA ECOLÓXICA.
• Miguel Soto Albores. Enxeñeiro Técnico Agrícola. Técnico da Coop. Ullama. A Estrada. Pontevedra.

13:00 h. MAZÁ DE SIDRA EN RECONVERSIÓN A FRUTICULTURA ECOLÓXICA.
• J. Juan Rico Rodríguez. Biólogo. Secretario AFRUGAL.

13:45 h. Remate xornada de mañá.

16:30 h. VISITA A EXPLOTACIÓNS.
• Finca As Cubas – Aranga (A Coruña). Superficie: 2,5 Ha, onde se realiza o ensaio de confusión sexual contra Cydia pomonella. J. Juan Rico Rodríguez. Biólogo. Secretario AFRUGAL. Francisco Otero Otero. Enxeñeiro Agrónomo. Técnico da Consellería do Medio Rural.

18:30 h. Remate da xornada de tarde.

Día 2 de outubro:

9:30 h. Planificación dunha plantación froiteira en agricultura ecolóxica.
• Francisco Otero Otero. Enxeñeiro Agrónomo. Técnico da Consellería do Medio Rural.

11:00 h. O DEPARTAMENTO DE INNOVACIÓN TECNOLÓXICA. (AGACAL)
• José Souto Pérez. Enxeñeiro Técnico Agrícola. Técnico da Consellería do Medio Rural.

11:45 h. Pausa.

12:15 h. PROXECTO MAELOC. 4º VERDE EN AGRICULTURA ECOLÓXICA.
• José Luis Olmedo Nadal. Enxeñeiro Agrónomo. Xestor de proxectos I+D+i de Hijos de Rivera Inversiones Corporativas SL.

12:45 h. MAZÁ DE MESA. EXPERIENCIAS DE 8 ANOS EN AGRICULTURA ECOLÓXICA.
• Rosa Ramonell Goyanes. Fruticultora. Campo Lameiro – Pontevedra.

13:45 h. Remate da xornada de mañá.

16:00 h. PRODUTOS FITOSANITARIOS PERMITIDOS EN AGRICULTURA ECOLÓXICA: CONFUSIÓN SEXUAL EN VERME DA MAZÁ (Cydia pomonella).
• Francisco Otero Otero. Enxeñeiro Agrónomo. Técnico da Consellería do Medio Rural.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información