Xornada en Lalín sobre pragas de corentena na pataca

Publicidade
Publicidade
Xornada en Lalín sobre pragas de corentena na pataca

Pacataca con couza guatemalteca

Data inicio: 12/09/2018
Data fin: 12/09/2018
Lugar: Auditorio Lalín

A Oficina Agraria Comarcal de Lalín celebrará unha xornada técnica relativa ás pragas de corentena presentes en Galicia e que afectan o cultivo da pataca, prestando especial atención á Couza Guatemalteca (Tecia solanívora) e á pulguiña da pataca (Epitrix spp.).

Dende a organización xustifican esta xornada ante “o evidente risco de que estas pragas alcancen a comarca do Deza e produzan importantes perdas económicas nos cultivos de pataca, o que fai altamente recomendable a formación e a ampliación dos coñecementos dos agricultores nesta materia, co obxectivo de minimizar os danos e a presenza das pragas na comarca”.

A xornada levarase a cabo no Auditorio Municipal de Lalín o mércores 12 de setembro, dando comezo ás 16:30 horas e estimándose unha duración de dúas horas.

O relator desta xornada será Jose Manuel Loureiro Rey, xefe de área dos Servizos Agrarios da comarca do Deza. Esta xornada está incluída dentro do plan de transferencia do agro galego 2018.

Para máis información chamar ao número 986 783522.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *