Xornada de portas abertas en granxas da Mariña e de Asturias

Publicidade
Publicidade
Data inicio: 19/12/2019
Data fin: 19/12/2019
Lugar: Tapia De Casariego, Tapia, España

A mocidade do Sindicato Labrego Galego (SLG) organiza o xoves da vindeira semana, 19 de decembro, as Quintas Xornadas de Granxas Abertas, e que ese día centraranse en visitar granxas de Ribadeo e do concello limítrofe asturiano de Tapia de Casariego.

O programa é o seguinte:

11:00 horas. Visita á granxa de vacún de leite en ecolóxico Guzmán Díaz, en Tapia de Casariego.

13:00 horas. Visita, tamén en Tapia de Casariego, a Finca El Cabillón, un proxecto económico e social no que se traballan a horta ecolóxica, a xardinaría e a venda directa.

15:00 horas. Xantar

16:30 horas. Visita a Finca As Fadegas, en Cobelas (Ribadeo), unha iniciativa consolidada de horta ecolóxico promovida por Montse e Marta.

Para máis información escribir a mocidade@sindicatolabrego.com ou chamar ao 981 554 147 e preguntar por Nesi ou por Conchi

XORNADA SLG 2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *