Tratamentos fitosanitarios das árbores froiteiras durante o outono-inverno

Publicidade
Tratamentos fitosanitarios das árbores froiteiras durante o outono-inverno

Trampa para orugas invernantes. Autor: Estación do Areeiro

Reproducimos a continuación o último aviso fitosanitario da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, dependente da Deputación de Pontevedra, sobre os tratamentos fitosanitarios recomendados para as árbores froiteiras durante os meses de outono-inverno:

Aínda que de momento non se están rexistrando as temperaturas baixas propias desta época, e tampouco no período vexetativo houbo problemas graves de patóxenos, é recomendable realizar unha aplicación cun produto cúprico rexistrado no cultivo co fin de reducir o inóculo para a próxima campaña.

Ademais, con este tratamento tamén quedan protexidas as microferidas provocadas na caída da folla ou, no caso do kiwi, tamén as producidas despois da recollida do froito.

“É un bo momento para retirar as trampas para orugas e destruílas”

Os funxicidas de cobre débense aplicar a doses altas, e poden ser renovados unha vez máis ao longo do inverno, sempre que as temperaturas non sexan excesivamente baixas e non exista tampouco previsión de xeadas para os días sucesivos.

No caso da maceira, se se instalaron no verán bandas de cartón ondulado nos troncos das árbores para atrapar orugas invernantes de Cydia pomonella, é un bo momento para retiralas e destruílas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información