Tratamentos fitosanitarios contra a Trioza ou Psílido africano dos cítricos

Publicidade
Tratamentos fitosanitarios contra a Trioza ou Psílido africano dos cítricos

Limoeiro afectado pola Trioza

A Trioza Eritreae ou Psílido Africano dos cítricos é unha praga exótica que se está espallando polas zonas costeiras de Galicia afectando principalmente a limoeiros e laranxeiras. A Consellería do Medio Rural informa no seu último boletín fitosanitario de que estes días estase a observar un aumento importante de ataques desta praga en cítricos, principalmente nas zonas de costa da provincia de Pontevedra e no sur da provincia de A Coruña.

Debido a isto, dende Medio Rural recordan que “se trata dun organismo de corentena contra o cal se deben tomar medidas de erradicación e contención”, polo que recomendan aplicar tratamentos fitosanitarios, “xa que estamos nun momento axeitado para a realización dos mesmos”.

No cadro que figura ao final do texto indícanse varias materias activas, moitas delas de uso non profesional e sen necesidade de carné para mercalas, que se poden empregar para o control deste insecto en cítricos.

Recomendacións á hora de realizar o tratamento

Dende a Consellería explican que é importante que cando se observen os síntomas do ataque da Psila dos cítricos nos brotes novos se aplique un tratamento fitosanitario co produto elixido. Un ou dous días despois,
sempre que sexa posible, deberán recortarse todos os brotes novos e chupóns e queimalos ou enterralos.
En canto se produza a nova brotación deberá repetirse o tratamento fitosanitario.

No caso de que, ademais dos síntomas de presenza da praga, se produza a morte ou un decaemento importante do cítrico, deberá informarse aos servizos oficiais co fin de comprobar a existencia de HLB, enfermidade bacteriana causada por Candidatus liberibacter spp, tamén coñecida como Amarelamento-enverdecemento dos cítricos, da que a Trioza erytreae é un dos insectos vectores.

TRIOZA_LIMOEIROS_PRODUTOS_AUTORIZADOS

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información