Semente da variedade autóctona “Faba Galaica” para os agricultores da Mariña

O CSIC entrega a Terras dá Mariña S.Coop. Galega semente da variedade vexetal Faba Galaica para o inicio da súa produción e comercialización

Semente da variedade autóctona “Faba Galaica” para os agricultores da Mariña

Acto de entrega en Santiago de sementes da variedade "Faba Galaica" mellorada polo CSIC á cooperativa Terras da Mariña

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) como titular, a través da Misión Biolóxica de Galicia (MBG), da variedade de xudía de enrame Galaica, asinou este mércores en Santiago un contrato de transferencia e cultivo con Terras da Mariña Sociedade Cooperativa Galega.

A Faba Galaica: investigación, rexistro e comercialización

A Faba Galaica é unha variedade de xudía común seleccionada fenotípicamente na MBG (Pontevedra), concretamente no grupo Bioloxía de Agrosistemas, a partir de 2014 co criterio do mantemento da pureza varietal das actuais variedades pertencentes á clase comercial internacional “Fabada” que se cultivan tradicionalmente en Galicia e, en particular, na comarca de A Mariña de Lugo ao amparo da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá.

Na década comprendida ente 1987-1997 o CSIC desenvolveu traballos de colección de xermoplasma de xudía gran e caracterizou e avaliou diversas variedades de “Faba” que, na actualidade, consérvanse na colección de xermoplasma da MBG. Tamén desenvolveu a liña de mellora PMB-0382 “Faba Galaica” a partir da variedade local PHA-0917.

En 2015 iniciou os trámites para a inclusión da xudía de enrame-Galaica no Rexistro de Variedades Comerciais, como variedade de conservación, o que finalmente tivo lugar en virtude da Orde APM (477/2018, de 26 de abril (BOE do 10 de maio de 2018).

No último trimestre de 2018 frutificaron os trámites do acordo que vén de subscribir o CSIC con Terras da Mariña Sociedade Cooperativa Galega e que derivou na sinatura dun contrato de transferencia de material e licenza de explotación da variedade vexetal.

O acordo susténtase en que o CSIC ten entre as súas actividades a investigación, mellora e comercialización de variedades vexetais e é titular, a través da MBG, de dereitos legalmente recoñecidos sobre a variedade de xudía de enrame Galaica, mentres que a Cooperativa está interesada en proceder a unha adecuada explotación comercial sobre a devandita variedade. Por todo iso, o CSIC concede unha licenza de explotación a dita cooperativa.

No contrato que subscribiron ambas as entidades regúlanse, entre outros aspectos, o uso da variedade vexetal, o ámbito territorial, os dereitos de propiedade industrial, as condicións financeiras e as obrigas de cada parte.

“O máis destacable é que na MBG, en calidade de produtor-seleccionador, producirá a semente base, mentres que a cooperativa, en calidade de productormultiplicador e co apoio dos laboratorios da MBG, producirá semente para transferir aos produtores do IXP Faba de Lourenzá”, destaca Antonio De Ron Pedreira, obtentor da variedade Galaica.

O acto concluíu coa entrega por parte do CSIC, a través de Antonio De Ron Pedreira, á Cooperativa unha mostra de semente da variedade Galaica e a súa correspondente etiqueta oficial identificativa.

Durante o acto interviñeron en representación do CSIC o delegado institucional en Galicia, Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, e o xefe do grupo Bioloxía de Agrosistemas da MBG, Antonio De Ron Pedreira.

Por parte da cooperativa o seu presidente interveu José Cuadrado Oural. Tamén asistiron, dada a súa implicación no proceso de xestación da Indicación Xeográfica Protexida (IGP), Vidal Martínez Sierra, exalcalde de Lourenzá (1997-2012) e ex deputado do Parlamento de Galicia (2012-2016) e Raquel Arias, deputada no Parlamento de Galicia e secretaria da Mesa do Parlamento desde 2016.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información