Recomendan tratar contra o verme das mazás e aclarar os froitos

Publicidade
Recomendan tratar contra o verme das mazás e aclarar os froitos

Verme de Cydia Pomonella na mazá

A Consellería do Medio Rural recomenda no seu boletín agrometeorolóxico tratar as maceiras contra o verme así como facer un aclareo dos froitos.

En concreto, os técnicos da Xunta informan de que “estamos no momento axeitado para facer aclareo de froitos, tanto en agricultura ecolóxica como en produción integrada”. Lembran que a época óptima de aclareo de froitos vai desde os 30 ós 45 días despois da plena floración (100% de flores abertas).

En canto ao verme da mazá ou Cydia pomonella, advirten de que segundo os datos meteorolóxicos, imos ter unha incidencia de larvas da primeira xeración deste insecto esta fin de semana. “De acordo con isto, e para mazás de mesa debemos dar un tratamento a base de insecticida- larvicida, que tamén controle o pulgón cincento, xunto cun funxicida sistémico para previr enfermidades como moteado, oídio, etc”.

Em canto ás maceiras de sidra, informan de que nas variedades de floración temperá, unha vez rematada esta, “debemos dar un tratamento igual que o recomendado para variedades de mesa”. Sen embargo, nas variedades que aínda están en floración, non se recomenda ningún tratamento fitosanitario, xa que debemos respectar a actividade dos insectos polinizadores.

Pragas que atacan as maceiras nesta época:

Pulgón cincento (Disaphys plantaginea)

Estamos en período crítico para o ataque deste pulgón comenzándose a ver os primeiros gromos afectados. O período crítico vai desde o callado do froito ata que ten o tamaño dunha avelá (25 mm). So é prexudicial en maceira. Cara finais de xuño aparecen as femias aladas, que migran á Correola (Plantago sp.) onde desenrola varias xeracións. Voltan a finais de outono a poñer os ovos na maceira.

Existe unha correlación positiva entre maceiras con floración de cedo e o ataque deste pulgón, fronte ás de floración tardía, que sufren en menor medida este ataque.

Pulgón laníxero (Eriosoma lanigerum)
Comezan a verse novas colonias algodonosas que se alimentan chuchando o zume da codia leñosa ou herbácea de gromos e pólas. Estamos comenzando o periodo crítico para a maceira, que vai de maio a agosto.

É importante lembrar a relevancia do seu parasitoide específico, o Aphellinus mali. Este insecto auxiliar, importado de EEUU en 1920, ten de 6 a 8 xeracións anuais e cada femia pon uns 60 ovos. A temperatura limiar de desenrolo é de 8,5 ºC, mentres que a de Eriosoma lanigerum é duns 4 ºC. Debido a isto, o control a realizar polo A. mali é mellor a finais de verán que na primavera. Ademais, o potencial reprodutivo do pulgón é moito menor, polas altas temperaturas.

As maceiras enxertadas nos patróns clonais MM (Malling Merton) son resistentes a esta praga.

Verme da mazá (Cydia pomonella)
Cydia pomonella é un lepidóptero cuxo verme fai galerías no interior do froito de maceiras e pereiras. Tamén ataca ás nogueiras, marmeleiros e albaricoqueiros.

Lembrar que para que se produza o primeiro voo dos primeiros adultos debemos acadar 400 grados/día, segundo a fórmula bioclimática. Os 400 grados/día acadáronse o día 7 de abril. No 2015 acadáronse o 23 de abril e no 2016, o 4 de maio. Destacándose a importancia dos datos climatolóxicos no desenvolvemento desta praga.

Outras condicións para a aplicación dos tratamentos é a existencia de dúas capturas de adultos/trampa x semana, comenzando a contar grados/día cando a temperatura crepuscular (temperatura do ocaso + 2 horas) sexa maior a 15’5 ºC durante dous días seguidos.

As primeiras dúas capturas tiveron lugar o día 20 de abril na Estrada (Pontevedra), o día 24 en Chantada (Lugo) e o día 25 en Aranga e Bergondo (A Coruña). A temperatura crepuscular de 15,5 ºC acadouse os días 3 e 4 de maio, polo que se cumpre a última das condicións para o inicio do ciclo reprodutivo desta praga, comenzando a contar os grados/día.

Así, cando academos os 60 grados/día, trataremos con insecticidas-ovicidas, e cando academos os 90 grados/día, con insecticidas- larvicidas. O día 15 acadamos os 60 grados/días, polo que, no caso de manterse as condicións de temperatura, agardamos o comenzo da primeira xeneración de vermes (primeiras larvas) en 4-5 días.

Desde o ano 2011 , este ano é o máis adiantado no que se refire á posta da primeira xeración de C. Pomonella.

Moteado:
É importante suliñar a necesidade de manter unha boa aireación nas plantacións froiteiras para minimizar os efectos dos fungos nas mesmas. Para elo, debemos manexar moi ben parámetros como: poda, fertilización axeitada, marco de plantación….

O moteado (Venturia inaequalis) está causado por fungos do xénero Venturia. As infeccións prodúcense sempre que se dan condicións favorables para o fungo. As peritecas, formas invernantes do moteado, evolucionan e van dando lugar a ascosporas maduras, capaces de producir a infección primaria en combinación con condicións favorables á infección (humidade e temperatura) e un estado sensible da maceira.

Sería moi interesante contar con estacións meteorolóxicas automáticas de control, para medir temperatura, chuvia, humidade relativa e tempo que a folla permanece húmida, datos cos que se podería avaliar o risco de infección mediante a Gráfica de Mill’s.

A partir do estado fenolóxico C3 (“orella de rato”) temos posibilidades de infección. Polo tanto, estamos nun período moi sensible, sobre todo se aparecen condicións de humidade favorable (períodos de chuvia prolongados e incluso orballos intensos).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información