Recomendan tratar as patacas contra o escaravello e vixiar o mildeu

Publicidade
Recomendan tratar as patacas contra o escaravello e vixiar o mildeu

Patacas na Limia. Autor: galiciaenfotos.com

O servizo técnico da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia ven de publicar unhas recomendacións no último boletín fitosanitario da Xunta de Galicia, nas que aconsella realizar un tratamento contra o escaravello da pataca, asi como un tratamento sistémico contra o mildeu.

Por subzonas a situación é a seguinte:

Subzona de A Limia (Ourense)

Estado fenolóxico
A maioría do cultivo está na fase de “alongamento de tallo/crecemento intenso”, aínda que hai parcelas que se encontran no seguinte estado, o de “cobertura do cultivo”, comezándose a ver os primeiros tubérculos. No mesmo caso se encontra o cultivo nas subzonas da Terra Cha-A Mariña e Bergantiños.

Incidencias fitosanitarias

Mildeu (Phytophthora infestans)
Nesta subzona, nas parcelas nas que se fixo un tratamento previo ás condicións favorables para desenrolo do Mildiu (segundo as previsións meteorolóxicas no seu momento), non hai problemas. Nas parcelas onde se demorou a aplicación do funxicida correspondente, sobre todo en pequenas parcelas ou hortas para autoconsumo, apréciase un ataque importante xa con seca de parte da follaxe.

Escaravello da pataca (Leptinotarsa decemlineata)
A pesar de que se observan larvas e ninfas do insecto nalgunhas parcelas, polo xeral aínda non reviste demasiada gravidade.

Recomendacións
Polo que respecta ao Mildeu, aínda que o risco de ataque é moderado, é conveniente a aplicación dun funxicida de acción sistémica, se aínda non se aplicou ningún. En caso de ter feito xa algún tratamento funxicida, débese aplicar outro, que segundo o/os produtos empregados no anterior, darase transcorridos 10-14 días para ter protexido o cultivo. En todo caso, recoméndase consultar co servizo técnico o momento oportuno.

En canto á praga do escaravello, é recomendable aplicar un insecticida para combatelo ao mesmo tempo que se aplique o funxicida contra o mildeu.

Subzona de Bergantiños (A Coruña)

Estado fenolóxico
Ao igual que nas subzonas de A Limia e a Terra Cha-A Mariña, o estado fenolóxico no que se encontra a maioría do cultivo é o de “alongamento completo do tallo”. Hai parcelas que se encontran no seguinte estado, o de “cobertura do cultivo”, comezándose a ver os primeiros tubérculos.

Incidencias fitosanitarias

Mildeu (Phytophthora infestans)
Incidencia importante de Mildeu na maioria das parcelas.

Escaravello da pataca (Leptinotarsa decemlineata)
Xa se aprecia un aumento considerable de ataque de larvas e ninfas de escaravello.

Recomendacións
Para esta semana hai unha certa probabilidade de precipitacións con cambio na compoñente do vento, segundo as previsións, polo que a partir do luns as condicións para o desenrolo do Mildiu variarán. Por tanto, non espaciar os tratamentos nesta época máis de 10 días, ata que desaparezan as condicións meteorolóxicas favorables ao desenrolo da enfermidade. As esporas seguen no ambiente e, sobre todo nas zonas próximas á costa, coa brisa e coas temperaturas suaves, as condicións serían suficientes para seguir desenrolándose a enfermidade.

É aconsellable ir intercalando produtos con distintas materias activas para que o fungo non desenrole resistencia á mesma materia activa. En canto á praga do Escaravello, co seguinte tratamento contra Mildiu, é recomendable aplicar un insecticida que, ademais de controlar o Escaravello, tamén controla ao Epitrix.

Subzona de Terra Cha-A Mariña (Lugo)

Estado fenolóxico
Ao igual que na subzona de A Limia e na de Bergantiños, o estado fenolóxico no que se encontra a maioría do cultivo é o de “alongamento de tallo/crecemento intenso”, aínda que hai parcelas que se encontran no seguinte estado, o de “cobertura do cultivo”, comezándose a ver os primeiros tubérculos.

Incidencias fitosanitarias

Mildeu (Phytophthora infestans)
Nesta días as condicións para o desenrolo da enfermidade non foron moi propicias, posto que houbo tempo seco e sen precipitacións. Con todo, hai unha certa probabilidade de que esta semana teñamos precipitacións, con temperaturas suaves, o que dará lugar a unhas boas condicións para o desenrolo da enfermidade.

Escaravello da pataca (Leptinotarsa decemlineata)
Apreciase un aumento considerable de larvas e ninfas de Escaravello.

Recomendacións
Polo que respecta ao Mildiu, é necesario ter protexido o cultivo con funxicidas de acción sistémica, intercalando algún produto con acción penetrante. Non espaciar os tratamentos nesta época máis de 10 días, ata que desaparezan as condicións meteorolóxicas favorables ao desenrolo da enfermidade.

En canto á praga do Escaravello, aproveitando que se fai un tratamento funxicida, é recomendable aplicar un produto específico para eliminar o Escaravello.

É unha información facilitada polo Servizo Técnico da IXP Pataca de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información