Recomendan facer un último tratamento de cobre nas maceiras e pereiras

Recomendan facer un último tratamento de cobre nas maceiras e pereiras

A Consellería do Medio Rural recomenda realizar un último tratamento de cobre nas maceiras. Unha vez recollidas as mazás máis tardías, como Goldrush (primeira decena de novembro), debemos realizar un tratamento de outono, época propicia para rebaixar a carga fúnxica que afecta ás froiteiras de pebida, sobre todo mazá e pereira.

Doutra banda, só os compostos cúpricos poden atenuar os síntomas producidos polas bacterias fitopatóxenas. Por todo isto, é recomendable facer algunha destas opcións:

A) Facer dúas aplicacións con produtos cúpricos:
1. Co 25% das follas caídas.
2. Co 75%-100% das follas caídas.

B) Facer unha soa aplicación, co 75% de defoliación.

O obxectivo nas froiteiras de pebida é reducir o inóculo de fungos e bacterias que causan as distintas enfermidades (Moteado, Monilia, Septoriose, Stemphylium, etc).

Á hora de programar estas aplicacións, dende Medio Rural lembran que os produtos cúpricos teñen unha limitación de 3 aplicacións por campaña, ademais da cantidade total de cobre máximo aplicado (7,5 Kg/Ha/ano).

Esta é a relación de materias activas cúpricas autorizadas:

cobre_outono

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información