Recomendacións para o cultivo da horta en xuño

Recomendacións para o cultivo da horta en xuño

As abundantes choivas que se rexistraron ata o momento e as temperaturas anormalmente baixas están a retardar o desenvolvemento dos nosos cultivos de horta e provocando que proliferen as herbas adventícias. Se as previsións do tempo cúmprense, para a próxima semana prevese unha subida de temperaturas, o que unido á elevada humidade provocará o desenvolvemento de enfermidades fúnxicas como o mildeu. Deberemos, por tanto, tratar  os nosos cultivos de pataca, cebola ou tomate cun funxicida antimildiu e, no caso dos allos, cun antioídio. Deberemos facelo canto antes o tempo nolo permita.

Velaquí algúns consellos xerais:

-Coa humidade que hai na terra as herbas competidoras inzarán nas nosas hortas, polo que deberemos facer varias sachas nos nosos cultivos, a ser posible pola mañá para que as herbas sequen ao longo do día. O acolchado, ben con plástico ou ben con herba, é unha alternativa interesante para pequenas hortas, e que ademais de aforrarnos moito traballo, axudará a reter a humidade do solo.

-A humidade e as elevadas temperaturas crean as condicións idóneas para pragas de fungos, especialmente o mildeu. Recoméndase facer un tratamento de fumigación a base de caldo bordelés (cobre) cada 10-15 días nos cultivos máis sensibles: patacas, cebolas e tomateiras. No caso dos allos, debemos combinalo con algún tratamento contra a roya a base de xofre mollable.

O oídio afectará sobre todo ás cucubirtáceas (cabaciña, sandía…etc) e notarémolo nas clásicas manchas brancas nas follas. Unha boa aireación da planta e un tratamento a base de xofre ou de infusión de allo axudará a controlar este fungo. Para evitar os problemas fúnxicos lembrar que cando reguemos a planta debemos aplicar a auga no pé da mesma, e nunca mollarlle as follas. A ser posible regar pola mañá cedo, ou a última hora da tarde.

As abundantes choivas que se rexistraron ata o momento e as temperaturas anormalmente baixas están a retardar o desenvolvemento dos nosos cultivos de horta e provocando que proliferen as herbas adventícias. Se as previsións do tempo cúmprense, para a próxima semana prevese unha suba de temperaturas, o que unido á elevada humidade provocará o desenvolvemento de enfermidades fúnxicas como o mildeu. Deberemos, por tanto, tratar  os nosos cultivos de pataca, cebola ou tomate cun funxicida antimildiu e, no caso dos allos, cun antioídio. Deberemos facelo canto antes o tempo nolo permita.

-Sementeiras: Pódese facer alcoube ao aire libre de leitugas, acelgas e remolacha vermella que plantaremos no mes de xullo-agosto. Asemade, podemos facer a sementeira das verduras de inverno (repolo, couveflor, verza…) que plantaremos no verán. Se a nosa horta é pequena e para autoconsumo resúltanos máis práctico mercar a planta de cepellón no momento en que a vaiamos plantar.

-Tamén podemos facer sementeira directa de cenouras, que colleitaremos nos meses de setembro-outubro, así como de xudías, que recolleremos cara o meses de agosto-setembro.

-Transplante: podemos transplantar remolacha vermella, coles, leitugas, porros, cebolas, acelga,…etc. Se aínda non plantamos pementos, tomates ou berenxenas son os últimos días para facelo. Lembrar que á hora de plantar o abono nunca debe estar en contacto directo coa raíz da planta.

-Tomateiras: durante este mes prestarémoslle especial atención a estas plantas, facendo as podas periódicas dos chupóns das partes baixas e medias das plantas e entitorándoas.

Cada dúas semanas, de ser necesario, aplicarémoslles un tratamento de cobre para evitar problemas de mildeu. Se cultivamos en exterior debemos elixir as variedades máis rústicas e resistentes para reducir os tratamentos fitosanitarios.

–Entitorados: xudías de enrame, pementos e berenxenas precisarán de entitorado para un correcto desenvolvemento da planta.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información