Recomendacións para o coidado das maceiras nestes días

Recomendacións para o coidado das maceiras nestes días

Mazá con moteado

A Consellería de Medio Rural ven de publicar un novo informe fitosanitario no que ofrece unhas recomendacións para o coidado das maceiras durante estas semanas.

Mazá de mesa e sidra

As condicións meteorolóxicas cambiantes, con presencia de humidade relativa alta, xunto con brétemas e orballo, abócanos a unha situación de perigo respecto dos fungos (moteado e oidio), polo que se recomenda un tratamento a base dun funxicida de contacto (infeccións secundarias) que pode ir unido a un insecticida.

O feito de ter superado o limiar de tolerancia  do verme da mazá (C. pomonella),  en todas as estacións, agás en Ribadeo, fai necesaria a aplicación dun tratamento insecticida-larvicida para esta plaga que está na primeira xeneración das dúas que ten no ano.

No caso das Mariñas de Betanzos (Estación de Guísamo), xa está comenzando a segunda xeneración do verme (>600 grados/día), e tendo superado o limiar de tolerancia, cómpre aplicar un tratamento insecticida-larvicida durante esta semana.

Para acadar unha boa actividade insecticida, é necesario efectuar a aplicación antes do nacemento das larvas, requerindo un coñecemento exacto do estado evolutivo da praga en cada parcela.

Non obstante, os técnicos da Xunta lembran que naquelas plantacións de mazá de mesa (patróns EM-9), nas que teñamos presenza de Aphelinus mali, evitaremos tratamentos insecticidas para respectar a súa actividade contra o pulgón laníxero. Nas plantacións de mazá de sidra, non se nos dá esta problemática polo emprego de patróns resitentes a esta praga.

É preciso recalcar, que debemos ter en conta a duración da efectividade do producto usado, segundo actuemos en agricultura convencional, integrada ou ecolóxica, xa que o tempo que debe transcorrer entre tratamentos é distinto, podendo suceder que un tratamento nunha semana cubra a súa efectividade durante dúas máis.

Así, en agricultura convencional e integrada, en xeral, os insecticidas usados teñen una duración da efectividade entre 15/21 días mentres que en agricultura ecolóxica é de 7/10 días (virus da granulopse da carpocapsa).

Recoméndase:

-Alternar materias activas co fin de evitar a aparición de resistencias.

-Alternar substancias con diferente modo de acción.

-Cumplir co número máximo de aplicacións que ten autorizadas cada produto.

-Respectar con rigor os prazos de seguridade.

Recomendacións dos técnicos de Afrugal

Para combater o moteado e oídio, así como o verme da mazá, os técnicos da Asociación de Fruticultores de Galicia (Afrugal) recomendan:

En maceiras en agricultura ecolóxica:

-Insecticida: Aceite de Neem, spinosad, virus da granulopse da carpocapsa ou Bacillus thuringiensis.

-Funxicida: Polisulfuro de calcio 18% (dose 2%) ou Polisulfuro de calcio 38% (dose 1,2%)

Nas que están en produción integrada:

-Insecticida: Clorantraniliprol 20%, Metil-clorpirifos.
-Funxicida: Captan, Tiram ou Metiram

Recolección:

Estanse a recoller as variedades Ambassy, Lafayette e Initial. Respecto ó ano 2018, obsérvase un adianto na data de maduración duns 10-12 días.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información