¿Que problemas fitosanitarios tivo o Kiwi en Galicia en 2017?

Publicidade
¿Que problemas fitosanitarios tivo o Kiwi en Galicia en 2017?

Plantación de Kiwi en Galicia

O kiwi é un cultivo cunha crecente implantación en Galicia polas boas condicións climáticas da comunidade. Neste sentido, a Consellería do Medio Rural informa no seu último boletín agrometeorolóxico sobre como foi a campaña 2017 para este cultivo dende o punto de vista fitosaniario.

Reproducimos a continuación o seu contido:

“O principal problema do kiwi en Galicia, o cancro causado pola bacteria Pseudomonas syringae pv. actinidiae, este ano tivo menor incidencia que en anteriores anos, xa que na maior parte do ciclo vexetativo houbo condicións meteorolóxicas pouco favorables. Unicamente nas zonas máis frías do interior detectáronse cancros con exudados.

Tampouco houbo demasiado problema coas outras pseudomonas (P. viridiflava e P. syringae pv. syringae), polo que non se viron problemas patolóxicos en floración, que aínda así non foi especialmente satisfactoria, a pesar de que as condicións meteorolóxicas neste período foron óptimas. Cremos que a causa deste deficiente callado estivo nos problemas de calidade do pole.

En cambio, estas mesmas condiciones favoreceron a proliferación do Mosquito verde (Empoasca vitis), aínda que non foi preciso realizar tratamentos, xa que raras veces se superaron os limiares de 1-2 ind./folla. Este patóxeno unicamente pode representar un problema en plantacións novas.

 Houbo problemas na calidade do pole que provocaron un callado deficiente do froito

Outros problemas habituais, como a Armillaria sp. ou os causados polo complexo de fungos de madeira (Botriosphaeria sp, Fomitiporia sp., Chondrostereum sp., etc), estiveron en niveis normais, pois están presentes en todas as plantacións máis antigas, pero sen representar normalmente o mínimo nivel de risco de danos.

A seca xeneralizada, rexistrada ao longo do período vexetativo, levou a que a incidencia de bacteriose e de Phomopsis actinidiae fose mínima.

Con todo, a colleita final tamén se viu afectada pola seca, resultando en calibres de froita algo máis pequenos do normal, no que tamén influíu o mal callado por problemas na calidade do pole”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información