Recomendacións para o coidado da horta en outubro

Recomendacións para o coidado da horta en outubro

Outubro é unha época de transición entre o final dos cultivos de verán e o comezo dos de outono-inverno. Velaquí algúns consellos para a nosa horta:

-O mes de outubro é o do Samaín ou Festa das Cabazas que marca o aninovo celta. Cara mediados ou finais de mes deberemos recoller as que teñamos na horta, gardándoas nun lugar fresco e enxoito, a ser posible con algo de palla ou un cartón debaixo. Evitar os golpes tamén axudará a que non podrezan e alongará a súa conservación.

-Poderemos seguir recollendo os últimos pementos, tomates e berenxenas. As acelgas seguirán producindo, e remolachas de mesa e porros poden permanecer sen problema na horta ata comezos de abril.

-Se non o fixemos xa, poderemos sementar os últimos nabos e brásicas (repolo, couveflor, brócoli…) de inverno. Para sementar os navos é aconsellable que a terra teña algo de humidade, ou que se prevean chuvias de importancia nos próximos días. En canto ao repolo ou ao brécol, unha boa cuberta con restos de herba ou molime axuda a reter a humidade, evita ter que sachar e favorece o crecemento das plantas.

-Poderemos plantar tamén escarola e leitugas de inverno.

-Nas parcelas que nos quedaron libres é recomendable sementar abonos verdes (nabos, avea, centeo..etc) para evitar que a terra quede descuberta. Outra forma de protexer a terra núa fronte ás xeadas, especialmente se é unha horta pequena, é cubrila cunha capa grosa de herba ou estrume do monte, que se irá descompoñendo durante o inverno, creando unha capa de abono para os cultivos de primavera, ao tempo que protexe o solo e reduce o nacemento de herbas.

-Como no resto dos meses, seguiremos acumulando materia orgánica (herba, follas, restos orgánicos da cociña….etc) para abonar a nosa horta en primavera.

image_print

2 ideas sobre “Recomendacións para o coidado da horta en outubro

    • campogalego

      Si, se puede hacer sin problema. Hecha una buena capa para que se vayan pudriendo durante el invierno.

      Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información