Que facer na horta en febreiro?

Que facer na horta en febreiro?

Horta con patacas de cedo recén plantadas

Aínda que as choivas e os temporais limitan a actividade da nosa horta ao mínimo durante este mes de febreiro, hai algúns labores que si podemos ir facendo e que irán preparando o noso terreo para a época de sementeira na primavera. Ao mesmo tempo, as horas de luz van en aumento polo que xa podemos ir plantando algunha horta de primavera.

Velaquí algúns consellos:

-No sementeiro, cuberto cun invernadoiro de túnel ou cun sistema caseiro de macetas recubertas con bolsas de plástico, podemos ir facendo os primeiros morteiros de tomates, pementos, acelga, remolacha vermella ou leituga. Moita xente segue o calendario lunar para plantar polo que ata o 11 de febreiro, que é cando entra a lúa chea, non se faría.

-Febreiro é tamén o mes límite para plantar allos, chícharos e fabas, cultivos que darán os seus froitos en maio-xuño.

-Tamén podemos plantar cara finais de mes brásicas que recolleremos na primavera: repolo, coliflor ou brócoli.

-Naquelas zonas máis cálidas de Galicia é posible plantar patacas de cedo. Tamén nas zonas de clima máis benigno podemos plantar leituga de tempada (folla de carballo, orella de mulo..etc) en exterior.

-Febreiro tamén é o mes de poda das froiteiras e, se é posible, coincidindo días froito ou flor coa lúa devecente Tamén é o momento de podar e enxertar as viñas.

-Ademáis, é o mes idóneo para as plantacións de froiteiras (pereiras, pexegueiros, ameixeiras ou mazairas..etc). Tamén podemos plantar oliveiras e avelairas.

-Polo demais, continuaremos recollendo os cultivos propios desta tempada: allos porros, repolo ou os grelos, no mes do cocido por excelencia.

Por último, podemos seguir acumulando algo imprescindible para a nosa horta: materia orgánica, ben mediante a compostaxe dos nosos resíduos domésticos ou acumulando folla e outros restos vexetais. Lembrar que o esterco que incorporemos aos cultivos debe estar maduro, sen fermentacións nin malos cheiros.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información